Horario de 14:00 h ata as 16:00 h
Teléfono da ANPA: 650199162
ANPA: anpapalmeira@hotmail.com
O Comedor Escolar do noso Centro está xestionado integramente pola ANPA do colexio. O Centro só cede as instalacións e a ANPA é a responsable do coidado dos nenos/as que utilizan o comedor. Para a utilización deste servizo deberánse poñer en contacto coa ANPA, podendo asistir todos os días ou de xeito esporádico.
Os menús están deseñados por expertos nutricionistas e aprobados pola Xunta de Galicia polo que garanten o aporte óptimo de nutrientes para unha dieta equilibrada adaptado á idade dos nenos e nenas. Tamén se teñen en conta as circunstancias especiais que poidan ter algúns nenos ou nenas: alerxias...
As tarifas para este curso son de 5.90 € para os nenos e nenas que utilizan o servizo con carácter fixo (se saímos agraciados coas axudas para as ANPAs xestoras dos comedores escolares da Consellería de Educación da Xunta de Galicia o prezo será subvencionado pola ANPA quedando en 5,40€/menú) e de 7,00€/día para os comensais esporádicos. Farase un 10% desconto para irmáns.)
A empresa de catering José Fajardo - Grupo Chicolino é a encargada deste servizo no noso centro.