try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe de Palmeira

PUBLICACION DE BONOS DIXITAIS PARA A CONECTIVIDADE DE COLECTIVOS VULNERABLES

20/09/2023 11:19
15/11/2023 11:19

BONOS DIXITAIS PARA A CONECTIVIDADE DE COLECTIVOS VULNERABLES

A Xunta de Galicia puxo en marcha en novembro de 2022 o Programa de emisión de bonos dixitais para colectivos vulnerables (Programa UNICO-Bono social) enmarcado no investimento C15.I3 de «Bonos dixitais para pemes e colectivos vulnerables» do Compoñente 15 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia - Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

As principais características deste programa son:

  • Prazo de solicitudesegunda convocatoria aberta ata o 15 de novembro de 2023.
    O programa conta cun orzamento total de máis de 1,37 millóns de euros, prevese conceder máis de 5.700 bonos.
     
  • Proceso de solicitude: os interesados poden acudir ao traballador social do seu concello e este axudaralles coa presentación da solicitude.
    Estará dispoñible tamén a presentación por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos.
     
  • Destinatarios: as axudas están dirixidas a persoas que non conten con conexión fixa de 30Mbps ou máis no fogar e que sexan ademais beneficiarias de prestacións públicas da renda de inclusión social de Galicia (Risga) ou do ingreso mínimo vital (IMV) do Goberno de España ou cuxa renda anual (per capita) sexa inferior ao 125% do IPREM en caso de non ter menores ou 175% en caso de telos.
     
  • Características do bono: os bonos enviaranse por correo postal aos beneficiarios, consistirán nun código alfanumérico que se deberá facilitar a un dos operadores colaboradores para contratar ou mellorar a conexión á banda larga fixa cunha velocidade mínima de 30Mbps, cunha minoración de ata 20 euros na factura mensual durante un período de ata 12 meses cun máximo de 240 euros.

IMPORTANTE: en base ao especificado pola Unión Europea na súa decisión para a aprobación destas axudas, non será válida a mellora de velocidade co operador xa contratado no caso de dispor previamente dunha velocidade igual ou superior a 30 Mbps.