try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe de Palmeira

19 DE NOVEMBRO: ACTIVIDADE NO CC LUSTRES RIVAS

17/11/2022 09:45
20/11/2022 09:45

19 DE NOVEMBRO DO 2022

"XOGAR E APRENDER EN GALEGO, MOLA!"

Prezadas familias:

Informamos que seguindo coa programación do Centro Cultural Lustres Rivas e co fin de promover o uso e transmision do galego nas familias invitamos a toda a comunidade educativa que nos acompañe á actividade que se vai celebrar :

TITULO: “Xogar e aprender en galego mola”. Rede de Dinamización Lingüística

DATA:  sábado 19/11/2022

HORA12.00 h

LUGAR: Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira

 

“Xogar e aprender en galego mola!” é un espectáculo participativo con música, xogos, concursos e moita diversión, co que promover o uso da lingua galega entre os nenos e nenas promovido da man da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, fondo de proxectos culturais TeCe Redes en galego.

“A miña familia é a mellor” e “Somos familia” son as propostas coas que gozaremos  dunha magnífica xornada na que aprender e xogar.

Ao remate do espectáculo haberá, como xa é costume, reparto de regaliños para os nenas e as nenas que nos acompañen na mañá do sábado.