Skip to Content

Segundo ciclo

LECTURA COLECTIVA

Cando chega o bo tempo, os alumnos de 4º convértense en contacontos e len para os mais pequenos, é unha actividade mui especial porque disfrutan os lectores de 4º e ,por suposto, os nenos/as que escoitan. Este ano leron para os de Infantil. A actividade foi na biblioteca.

Aquí vos deixamos unhas fotos do evento.

VIAXE A VIGO

O día 29 de maio os alumnos/as de 3º e 4º de Primaria, xunto coas nosas mestres fomos a Vigo, marchamos ás 10 de mañá e chegamos ben pasadas as 8 da tarde. Pasámolo chipipiruli:

 

  • Fomos ao Museo do Mar onde vimos antiguas barcas e fixemos diferentes obradoiros, tamén vimos unha acuario onde poidemos ver moi de cerca moitos peixes.

 

  • Comemos a carón da praia de Samil, nunhas mesas de pedra chulísimas, había un montón de gueivotas que casi, casi... nos daban medo. Logo paseamos un cachiño pola beira do mar e poidemos admirar diversas obras dos "escultores da area"

 

  • E ás 3:45h marchamos cara ao zoo.

 

Pasámolo tan ben...! que incluso disfrutamos do camiño, que era un pouco longo, mais de 2 horas de viaxe, pero cantamos, contamos chistes, xogamos... E todo foi estupendo.

Aquí vos deixamos unhas fotos

 

APADRIÑAMENTO LECTOR

Os alumnos e alumnas de 4º curso, dende que chegou o bo tempo, un día á semana, na hora de ler,  lemos contos aos nenos e nenas de infantil.

Sentámonos no patio e os mais pequenos do cole séntanse arredor de nos para escoitar atentamente os contos. Gústalles moito e nos pasámolo moi ben tamén léndolles os contos que mais lles gustan.

Para comprobalo botade unha ollada.  

Distribuir contido


by Dr. Radut