Skip to Content

PECHE DE OURO DO PROXECTO DE CENTRO "ARQUITECTURAS DA MEMORIA"

Conseguímolo!!! Despois dun ano de duro traballo, puidemos presentar o resultado final do noso proxecto de centro "Arquitecturas da Memoria". Nunha fermosa xornada, a pesar de que o tempo non acompañou, puidemos compartir tempo cos nosos informantes e fixemos un pequeno acto de agradecemento polo seu tempo, dedicación e sobre todo POLAS SÚAS HISTORIAS.

Fixemos unha ruta por uns cantos puntos seleccionados para a ocasión, reproducimos os audios coas historias contadas no seu dia polos nosos informantes e mostrámoslles, con moito orgullo, a todas as familias que quixeron acompañarnos o valioso producto final de todo un curso no que traballamos arreo.

Desexamos agradecer a todos os que colaborastes coa iniciativa e que fixestes posibles que esta App se fixese realidade. Conseguimos crear un espazo interxeracional onde o alumnado de 5º e 6º de E. P. tivo contacto cos seus maiores na busca de historias interesantes acontecidas no noso concello grazas ao empeño de moitos: familias, informantes, membros do claustro, concello de Oza-Cesuras, e, sobre todo, grazas ao empeño de Pablo Pardo, mestre de música e auténtico canalizador e creador de toda esta grande aventura.

Prometemos seguir barullando con este proxecto durante o curso que ven. Estade atentos ás novas historias!!!

ACTUALIZACIÓN: QUEREMOS DAR AS GRAZAS A LA VOZ DE GALICIA, E PARTICULARMENTE A TONI SILVA, POR FACERSE ECO NO SEU PERIÓDICO DESTA INICIATIVA. NA SEGUINTE LIGAZÓN PODEDES LER A NOTICIA



page | by Dr. Radut