Onte celebramos o Día da Paz no centro cun breve acto no que todo o alumnado e mestres xuntámonos no patio cuberto do centro. Os rapaces elaboraron unha gorra personalizada co gallo da festividade e cantaron a canción de Paco Nogueira "Apertas que voan", un tema baseado na amizade, os sentimentos e o respecto polo outro.
O pasado luns, dentro das actividades organizadas polo centro co gallo do Día da Paz, tivemos o pracer de recibir á contacontos Atenea García que presentou o seu espectáculo de monicreques "Estrafalaria" para os alumnos de Ed. Infantil, 1º e 2º de Ed. Primaria. Os rapaces puideron disfrutar dunha hora chea de diversión, risas e bos momentos.
Con esta entrevista comezamos o noso proxecto anual de centro que este ano chámase "Arquitecturas da Memoria" no que trataremos de recopilar testemuñas relacionadas co noso concello sobre diversos interesantes temas para máis tarde situalas nos lugares físicos citados valéndonos da aplicación dixital "Arquitecturas da memoria". Próximamente contarémosvos como podedes baixala. A cousa promete.
Os primeiros capítulos que temos feito son estes:
Aldara, Saul e Oliver entrevistan a Manuel (Lolo). Na súa vida fixo de todo, dende labores agrarias e gandeiras, ata emigrar a Suiza e emprender un negocio aquí en Oza dos Ríos. Non o deixedes de escoitar.É imperdible.
Amigos¡ Escoitade o que nos conta Marisol. Non ten desperdicio.
Por outra banda, Herminda, a avoa do noso compañeiro Dani de 5º E. Primaria é, entre outras cousas, unha experta tecelana, e traballou moito na súa vida e coñece perfectamente os procesos para a elaboración artesanal de texidos a partir de liño e de lá de ovella. Non vos perdades o seu testimonio.
Maruja é unha muller forte, valente e traballadora. Dani, Carlota e Izan axiña se decataron cando comezaron a conversar con ela. Non deixes de escoitar as historias de Maruja, a nosa panadeira e visaboá de Izan, alumno de 6º E.P.
Nova fotomontaxe, nesta ocasión con temática da elaboración do belén por parte do alumnado de relixión católica, que estivo exposto no centro e puido ser visitado por quen así o desexara. Foi elaborado na súa maior parte con elementos que tiñan a madeira como materia prima.
Nun novo episodio da nosa radio escolar Radio RumorOza, Manu, Irene, Nico, Cesar e Daniela, todos eles alumnos de 3º E. P., explícannos o significado de algúns refráns e rétannos a repetir o seu trabalinguas favorito.
O pasado venres celebramos o Día da Discapacidade a través de diversos xogos nos que os alumnos se puxeron na pel de rapaces con diversas discapacidades experimentando os problemas reais respecto a situacións cotiás.
O alumnado de 6º E. Primaria ven de facer unha exposición de cadros feitos por eles mesmos reproducindo obras do insigne pintor Vincent Van Gogh. Forma parte dun proxecto elaborado na materia de Plástica que incluirá aos pintores máis importantes da historia da pintura. As devanditas obras foron realizadas empregando a técnica de pintura pastel.
Daniela, Mario, Inés e Dani, alumnos todos eles de 5º de Primaria, fan un breve repaso das que para eles son as mellores verbenas de Galicia. Si che vai a festa non deixes de escoitalos na nosa canle de podcast de Ivoox