Skip to Content

I CARREIRA SOLIDARIA

O pasado venres organizouse no centro a I Carreira Solidaria CEIP Oza dos Ríos. Todos os rapaces do centro participaron nunha pequena carreira pedestre no parque anexo. As dúas primeiras probas tiveron como protagonistas ás familias xa que pais e nais participaron xuntamente cos seus fillos e fillas. Posteriormente, as carreiras por ciclos completaron a xornada atlética.

O único requisito para participar era traer calquera tipo de alimento non perecedeiro. Todos estes alimentos foron entregados aos servizos sociais do Concello de Oza-Cesuras que os distribuirá segundo as necesidades existentes.

Dende a dirección do centro queremos agradecer ás familias a súa colaboración participando nesta actividade e tomamos o compromiso de que esta actividade teña continuidade en vindeiros anos

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL HOMENAXEAN A PICASSO

Despois de acudir á excursión "Picasso protagonista", o alumnado de Educación Infantil homenaxea ao pintor con este cadro,"El Guernica", que pode admirarse no corredor do noso cole. 

Guernica

HORTO ESCOLAR

Chegou a primavera e é o momento de prantar. Leitugas, cebolas, verzas, amorodos,... Os de infantil puxémonos a traballar e ... este foi o resultado. 

collage huerto

collage horta 3 anos

collage horta 4 anos

collage horta 5 anos

ÚLTIMAS NOTICIAS: OS NENOS E NENAS DE INFANTIL COCIÑAN NO COLE DE OZA

Novas do cole!! Os nenos e nenas de Infantil cociñan no cole de Oza!!. A receita? Deliciosa!! Ten chocolate mmm!!

Moitas grazas a María, Isa e Divina por axudarnos.

Para ver o video montaxe clica na imaxe.

 

TALLER DE COCIÑA

DÍA DA ÁRBORE

Co motivo do Día da Árbore, ademais da lectura dunhas mensaxes a prol da natureza, todo o alumnado saíu ao parque a prantar unha árbore conmemorativa da data que estamos a celebrar. Agradecemos, como xa é habitual, a colaboración do concello con esta actividade.

SAÍDA Á MOSTRA "PICASSO PROTAGONISTA"

O alumnado do centro realizou unha saída para ver a mostra "Picasso protagonista. Viñetas do cómic español contemporáneo". Os alumnos e alumnas de E. Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º tiveron a oportunidade de acudir a esta mostra organizada por Afundación na súa sede de A Coruña.

Esta mostra aborda a vida e obra do pintor Pablo Picasso desde unha perspectiva fresca. Propón a reflexión a través do cómic para profundizar no mito de Picasso e entender como se integra no imaxinario colectivo da cultura española.

A mostra rinde homenaxe a este autor con máis de 170 obras de diferente formato, moitas delas concebidas ex profeso para este evento por parte de 40 autores de primeira liña da arte actual.

CHARLA "COME LOCAL"

O alumnado de 5º e 6º de E. Primaria recibiron durante o día de onte unha charla sobre educación alimentaria e comida saudable dentro da campaña "Come Local 2023" impulsada pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Calidade Alimentaria. En concreto, a charla xirou entorno as froitas e verduras que temos en cada tempada na nosa contorna e a importancia de comer de xeito local con produtos de proximidade.

Outra acción desta campaña consistiu na achega ao comedor de centro de forma gratuíta de varios produtos galegos con certificado de calidade pertencentes ás diferentes Denominacións de Orixe Protexida, Indicacións Xeográficas Protexidas e Productos Ecolóxicos de Proximidade para que o noso alumnado poida degustar diferentes alimenos dunha excelente calidade con orixe na nosa terra.

CELEBRACIÓN 8-M

O pasado día 8 de marzo celebramos no noso centro cunha pequena actividade o Día Internacional da Muller. Os rapaces das diferentes aulas foron pasando pola biblioteca para facerse unha foto de grupo nun peculiar photocall ca característica cor morada representativo da loita das mulleres pola igualdade e contra a discriminación.

NOVAS TESTEMUÑAS DE ARQUITECTURAS DA MEMORIA

Martina, Pedro e Izan, rapaces que cursan 6º E. Primaria, tiveron a sorte de coñecer a Meluca, que lles contou moitas cousas moi interesantes que formarán parte do noso proxecto Arquitecturas da Memoria. Moitas gracias a súa sobriña Mercedes que a acompañou ata os estudios de Radio Rumoroza.

 Hugo, Mario e Vera, alumnos todos eles de 5º de E. Primaria,  tiveron a oportunidade de aprender moitas cousas que descoñecían de Chiruca. Incluso Vera escoitou, sorprendida, anécdotas que nunca escoitara antes da boca da súa avóa.

Distribuir contido


by Dr. Radut