A pasada semana inauguráronse as saídas fora do centro dos nosos alumnos e alumnas. En días sucesivos, os rapaces de 1º, 2º, 3º e 5º de E. Primaria acudiron ao Museo de Belas Artes de A Coruña para realizar unha visita guiada polo persoal do museo na que puideron coñecer de primeira man como funciona e as diferentes obras alí expostas.
Os rapaces de 4º e 6º de E. Primaria, coa inestimable coordinación das súas titoras Alba e Marta, veñen de montar na entrada das súas aulas un museo moi especial: o museo dos obxectos antigos. Aproveitando que ámbolos dous cursos están a estudar na materia de Ciencias Sociais os contidos relativos á historia, os rapaces trouxeron a este museo aqueles obxectos que poden explicar mellor o noso pasado: fontes escritas a través de diversos libros e documentos, fontes materiais mediante obxectos de uso cotiá e as fontes orais por medio de todo aquelo que lle podedes transmitir aos vosos fillos e fillas sobre como se usan todos estes artefactos.
Así, ademais, poñemos en valor todas aquelas experiencias dos nosos antergos e continuamos co traballo comezado durante o curso pasado de transmisión de contidos orais interxeraciónais
Queres saber máis sobre o xadrez? Hugo, Daniela, Manu e Vera, alumnos e alumnas de 6º E. Primaria veñen a Radio RumorOza a falarnos sobre esta actividade que definitivamente é algo máis que un xogo. A súa orixe, as súas regras, os mellores axedrecistas da historia e ata nos recomendan libros e series que teñen o xadrez como eixo transversal. Escoitade e aprendede.
Os rapaces de 1º de Primaria veñen de crear un interesante video no que nos ensinarán unha chea de cousas para o noso coñecemento. Merece a pena velo!!!!!
Ademais, tamén podedes botarlle un ollo a este e outros materiais e historias no blogue da profe Sandra ao que podedes acceder clicando na icona situada na marxe dereita desta web.
Hoxe os nenos e nenas de infantil foron ao comedor do cole para facer un obradoiro de cociña. "Biscoito de cabaza e chocolate" Mmmmm... Moitas grazas a Iago, o noso cociñeiro e a Isa, a nosa conserxe por axudarnos.
Os rapaces de 1º de E. Primaria cóntannos con moita gracia e expresividade o clásico conto "Corre, corre Cabaciña". Este conto foi preparado co profe Jacobo durante a ausencia da titora Sandra. Foi un pracer terte no cole Jacobo!!!
A Axencia Galega de Calidade Alimentaria ven de outorgarnos o diploma acreditativo que recoñece ao centro pola súa participación dentro da campaña "Come Local" que pon en valor unha alimentación saudable e equilibrada a base de produtos galegos con denominación de orixe.
Outras accións deste programa consistirán na realización dun "escandaio" semanal para dotar aos comedores dunha ferramenta que facilite o cálculo do gasto para planificar máis eficientemente, accións formativas in situ sobre educación alimentaria ao noso alumnado e formación ao persoal de cociña etiquetado alimentario, xestión de residuos e seguridade alimentaria.
Volve Radio RumorOza, a vosa canle favorita de radio! Inés, Manuel, Aldara e Mireia de 6º de E.P. presentan a historia de A Pantasma Manoliño.
Como levamos facendo durante os últimos anos, iremos actualizando periódicamente a nosa canle Ivoox cos diversos podcasts que creen os nosos rapaces. Recomendámosvos que baixedes a app aos vosos dispositivos e que vos suscribades para estar ao tanto inmediatamente dos novos capítulos publicados.
As alumnas de 4º de Primaria Xiana, Lucia, Manuela e Luciana cóntannos un fermoso conto que fala dos sentimentos. Moi recomendable para aprender a poñernos no lugar do outro e aprender a vivir en sociedade.
Como novidade, ademais do audio deste conto que podedes atopar na canle Ivoox, a titora Alba fixo unha montaxe audiovisual con fotos das diferentes pasaxes que len os nenos. Merece moito a pena.
Sara, Clara, Thiago, Aleix e Luca alumnos pertencentes á clase de 2º E. Primaria cóntannos de onde ven esta celebración que tanto nos gusta na nosa escola : O Samaín
Se non sodes habituais usuarios da nosa páxina web, ofrecémosvos outra canle para mantervos informados das novas e avisos do noso centro: o perfil de recente creación en Instagram!
Xa estamos de volta! Esperamos que pasárades unhas boas vacacións.
O vindeiro mércores 11 de setembro comezamos o curso co horario habitual do centro. As entradas e saídas continuarán sendo de 9:30 a 14:30h, (alumnado de infantil 14:25h). O alumnado usuario do servizo de comedor escolar sairá ás 15:25h.
Se algunha familia precisa recoller do comedor previamente ao seu fillo/a UNICAMENTE PODERÁ FACELO EXACTAMENTE ÁS 15H de forma xustificada. Para levar un mellor control do alumnado non se permitirá a recollida noutro horario distinto.
Lembrar a todas as familias que PARA QUE O ALUMNADO PODA XANTAR O MÉRCORES TERÁ QUE TER ENTREGADO O IMPRESO CORRESPONDENTE.
As actividades extraescolares e o servizo de biblioteca comezará no mes de outubro.
Nesta imaxe podedes comprobar as datas das reunión iniciais coas titoras. Se algunha familia non pode asistir pode poñerse en contacto coa súa titora para resolver calquera dúbida.