Artigos recentes
MOMENTOS NA BIBLIO | hai 9 anos 38 semanas |
LIBRO PROPOSTO: A MÁSCARA DO LEÓN | hai 9 anos 38 semanas |
A HISTORIA DE SAISA. | hai 9 anos 38 semanas |
BIBLIOTECA ESCOLAR... MATEMÁTICO!! | hai 9 anos 38 semanas |
AMBIENTANDO PARA O SAMAÍN | hai 9 anos 38 semanas |
Contido popular
Today's popular content
Navegación
INVITAMOS Á ALCALDESA DE OUTES ÁS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS.
Enviado por Anónimo o Lun, 26/06/2017 - 19:14
A aula de primeiro foi a encargada de redactar a invitación para as autoridades, así que comezamos a analizar distintos modelos de invitacións, despois da súa lectura decatámonos que a súa función era invitar a unha persoa, persoas ou entidade a un acto social ou evento; que era xustamente o que queríamos facer nós. Despois dun traballo previo con este texto, de ver a súa función, o seu formato, a súa estructura, facer un listado de saúdos, agradecementos e despedidas; comezamos a súa redacción. Este foi o producto final:
O día 2 de xuño fomos ao Concello, onde nos recibiu Beatriz Molinos, alcaldesa de Outes.
Dúas nenas de primeiro léronlle a invitación ás Xornadas de Portas Abertas da que lle íamos a facer entrega.
A continuación démoslle rexistro de entrada.
E Beatriz Molinos invitounos a coñecer o edificio, ensinándonos as dependencias de urbanismo, servizos sociais, o seu despacho, o salón de plenos...
Tamén poidemos coñecer o local da policía, onde Martín nos explicou as tarefas que realizan alí.