Artigos recentes
MOMENTOS NA BIBLIO | hai 9 anos 38 semanas |
LIBRO PROPOSTO: A MÁSCARA DO LEÓN | hai 9 anos 38 semanas |
A HISTORIA DE SAISA. | hai 9 anos 38 semanas |
BIBLIOTECA ESCOLAR... MATEMÁTICO!! | hai 9 anos 38 semanas |
AMBIENTANDO PARA O SAMAÍN | hai 9 anos 38 semanas |
Contido popular
Today's popular content
Navegación
SAÍDAS CON LENDA
Enviado por Anónimo o Sáb, 10/06/2017 - 19:22
omo non podía ser doutro xeito algunas das saídas que fixemos este ano estiveron contextualizadas na temática do proxecto “ Mitos e lendas de Galicia
A primeira delas levouna a cabo o grupo de 6º de primaria no mes de maio. Este grupo traballou a fundación da Vila de Noia e outras lendas que se sitúan nesta ila veciña nosa, e que podedes observar no mapa que colgamos semanas atrás neste blog.
Poder ver os sitios dos que levan todo o curso falando foi moi emocionante para eles, puideron tocar lendas e historias e volveron para a escola cuns recordos que xamais esquecerán, pois quilo que se vive é aquilo que se aprende de verdade.
O venres da semana pasada, os nenos de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria tamén fixeron una saída de lenda. Desta volta visitaron o Pico Sacro e a Ponte de Gundián, entre outros fermosos enclaves da comarca da Ulla.
Na ponte do Gunudián contáronnos lendas sobre os mouros, que disque chegaban ao Río Ulla a beber cos seus cabalos por unas covas dende o Pico Sacro, e tamén nos contaron una fermosa historia de como o Río Ulla puido avanzar dende este lugar grazas á intervención do Demo, que tan ben coñecen os nenos de 2º.
Logo no Pico Sacro os mouros foron os protagonistas das historias. A Raíña Lupa e outros mouros esconderonse dos nenos que tan ben os coñecen, pero Xosé Lobato encargouse de ensinarnos a súa cova e outras moitas lendas que rodean este monte sagrado.