Artigos recentes
MOMENTOS NA BIBLIO | hai 9 anos 42 semanas |
LIBRO PROPOSTO: A MÁSCARA DO LEÓN | hai 9 anos 42 semanas |
A HISTORIA DE SAISA. | hai 9 anos 42 semanas |
BIBLIOTECA ESCOLAR... MATEMÁTICO!! | hai 9 anos 42 semanas |
AMBIENTANDO PARA O SAMAÍN | hai 9 anos 42 semanas |
Contido popular
Today's popular content
Navegación
8 DE MARZO "DÍA DA MULLER"
Enviado por Anónimo o Lun, 07/03/2016 - 16:21
Dende a Biblioteca escolar animámosvos a que veñades buscar os libros sobre mulleres que temos en exposición. Xa veredes como vos gustan! Son contos con historias e finais diferentes, moitos deles da escritora Adela Turín, unha experta en crear libros con esta temática e autora do famoso conto "Rosa Caramelo" no que a protagonista é unha elefanta á que non lle gusta comer flores.
Igualmente tamén nos gustaría recomendar a nova película de Disney "ZOOTROPOLIS" por tratar temas relacionados coa igualdade de xénero. Este tipo de films fainos pensar en como cambiaron os cánones de princesas dende "Cincenta" ou "A Bella e a Bestia" ata esta pequena protagonista que acaba de ingresar nunha academia de policía.
Por último deixámosvos o spot publicitario de Espacio Coruña protagonizado por mulleres galegas por se o queredes analizar.
Moitas grazas pola vosa atención!
Esperámosvos na Biblio!