Artigos recentes
MOMENTOS NA BIBLIO | hai 10 anos 3 semanas |
LIBRO PROPOSTO: A MÁSCARA DO LEÓN | hai 10 anos 3 semanas |
A HISTORIA DE SAISA. | hai 10 anos 3 semanas |
BIBLIOTECA ESCOLAR... MATEMÁTICO!! | hai 10 anos 3 semanas |
AMBIENTANDO PARA O SAMAÍN | hai 10 anos 3 semanas |
Contido popular
Today's popular content
Navegación
CURTAS NO RECREO: TRABALLO INFANTIL.
Enviado por Anónimo o Mar, 03/11/2015 - 12:57
Reflexións dos nenos e nenas que acudiron a ver a curta sobre o traballo infantil.
IRENE: Doume moita pena. Algunhas solucións serían non comprar material que estivera feito por nenos, que meteran no cárcere aos que obrigan a traballar aos nenos ou colaborar con algunha ONG, pois son nenos sen futuro.
JIMENA: Dame moita pena polas diferenzas sociais, o que vive ben pon os zapatos do que fai o outro.
SOFÍA: Viven nun país onde non existen os dereitos dos nenos, ten que haber comercio xusto.
ANDREA: Pido que o traballo que fai o neno lle favoreza directamente a el porque aló case non lles pagan o traballo.
ÁNGELA: Na Alameda de Noia vin moitos nenos soiños cunha tatuaxe, parecían pobres, estaban sentados e pedían prestadas as bonecas. Aquí tamén hai nenos e nenas pobres.