Skip to Content

RECOMENDACIÓNS DE VERÁN

Ola familias!!!

Xa rematou o curso pero dende o equipo da biblio queren que vos divirtades moito no verán e que mellor forma de facelo que cun LIBRO.

Así que nos deixan un montón de recomendacións para que as teñades en conta.

 

ENTREGA HISTORIAIS 6ºE.P

LISTAXE LIBROS TEXTO CURSO 2021-2022

XORNADA PORTAS ABERTAS PAIS ALUMNADO NOVA INCORPORACION

O día 24 levarase a cabo unha xornada de portas abertas para as familias do alumnado de nova incorporación. As familias xa están citadas para un horario concreto no que poderán acceder ao centro. Só poderá acceder 1 persoa por alumno/a de nova incorporación. Haberá dúas quendas e en cada quenda 3 grupos.

A a información e visita farase na zona de educación infantil (CENTRO NOVO).

  • 1ª quenda ----------------- 11:00 horas
  • 2ª quenda ----------------- 12:30 horas

A NOSA REVISTA ESCOLAR

Ola a todos e todas!! Aquí vos adiantamos a nosa revista escolar que recibiredes proximamente nas vosas casas. Esperamos que vos guste moito. Para vela só tedes que pinchar na imaxe.

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2021/2022

 

FINALIZADO O PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN, COMUNICAMOS QUE TODAS AS SOLICITUDES FORON ADMITIDAS. PARA CONSULTAR A LISTAXE DE ADMITIDOS PÓDESE FACER A TRAVÉS DA APLICACIÓN ADMISIÓN DE ALUMNADO COA CHAVE 365 OU CERTIFICADO DIXITAL.

 

SOLICITUDE COMEDOR E TRANSPORTE 2021-22

TODOS OS DOCUMENTOS PERMITEN ESCRIBIR (AUTORRELLENABLES), GARDAR E IMPRIMIR

COLABORADORES/AS

 

Como sabedes o comedor do centro funciona con 11 mamás/papás colaboradores. Sen as 11 persoas colaboradoras, o comedor non poderá entrar en funcionamento ao inicio de curso. Aquelas nais/pais que teñades aos nenos no comedor e contedes con dispoñibilidade horaria, podedes apuntarvos na secretaría do centro. É unha labor importante para o bo funcionamento do centro.

  • As condicións do traballo son as seguintes:
  • Poderán xantar no comedor do centro a partir das 13,30 horas
  • En horario de 14:150 a 15:30 atenderán o comedor e desempeñarán as funcións propias do servizo. 
  • En horario de 15:30 a 16:30 faranse quendas de colaboradores/as que vixiarán ao alumnado e coidarán deles ata que sexan entregados aos buses , pais ou os mestres de garda da tarde
  • A relación laboral será de colaborador/a – voluntario/a. Cobrarase 12,50 euros día que a Consellería aboará trimestralmente.

SOLICITUDE COLABORADOR/A

PROGRAMA "ARCO"

 

CENTRO PARTICIPANTE NO PROGRAMA “ARCO”  (APOIO,REFORZO DE COMPETENCIAS E ORIENTACION)

 

PROGRAMA FINANCIADO POLO FONDO SOCIAL EUROPEO

             

 

ADMISIÓN ALUMNADO 2021-2022

INFORMACION SOLICITUDE, PRAZO E DOCUMENTACIÓN

Comunicamos as familias interesadas en matricular aos seus fillos/as neste centro que entre o 1 e o 22 de Marzo poderán entregar a solicitude de praza debidamente cumprimentada, na secretaría do Centro. Tamén lembramos a todas as familias, con alumnado matriculado no Centro, que teñen garantida a praza escolar  sempre que non soliciten praza noutro centro no que resultaran admitidos. A continuación aportamos os  documentos e información de interese para este proceso de admisión , pinchando neles poderán acceder aos documentos para velos ou imprimilos.

PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE SOLICITUDES PARA O CURSO  2021- 22

DO 1  AO 22 DE MARZO 

 OS IMPRESOS PÓDENSE RECOLLER NA SECRETARIA DO CENTRO,  IMPRIMIR DA PAXINA WEB DO CENTRO OU A TRAVÉS DA APLICACIÓN DA CONSELLERIA "ADMISION ALUMNADO"

www.edu.xunta.es/centros/ceipoteropedrayo

Pódese consultar máis información na seguinte dirección web da conselleria de educación

ADMISIÓN ALUMNADO

LEXISLACION APLICABLE

 

INFORMACION AS FAMILIAS

IMPRESOS MATRICULA ( Todos se poden cubrir na propia páxina )

LIÑAS DE TRANSPORTE :

A empresa que actualmente cubre todas as rutas de transporte escolar é ARRIVA. As paradas existentes son as que aparecen no documento adxunto.

COMEDOR E TRANSPORTE (SOLICITASE EN ABRIL)

Infórmase que segundo o Decreto de admisión e a  Orde de admisión establécense as datas e normas para a SOLICITUDE DE COMEDOR E TRANSPORTE, así,  a solicitude FARASE NO MES DE ABRIL no cal  TODO O ALUMNADO QUE QUEIRA FACER USO DESTES SERVIZOS(tanto os de nova matrícula como os que xa están matriculados no centro) DEBERAOS SOLICITAR  ENTREGANDO A DOCUMENTACION SEGUNDO A MODALIDADE POLA QUE SE SOLICITE.:

·       Alumnado transportado : padrón

·      Por incompatibilidade horaria:certificados empresa con horarios dos titores ( pai e nai)do alumno

·       Por familia numerosa: título familia numerosa vixente

·       Por motivos socioeconómicos... : informe social ( servizos sociais do Concello)

·       Violencia de xénero : documentación acreditativa

IMPRESOS SOLICITUDE COMEDOR E TRANSPORTE

 

 

 

 

 

O ENTROIDO NO OTERO PEDRAYO

Chegou o Entroido nun curso distinto, marcado pola pandemia pero o equipo de mestres e mestras do Otero Pedrayo non querían deixar ao alumnado sen ese momento tan especial e puxéronse a pensar e traballar nunha fórmula que permitise ao alumnado e ás familias poder disfrutar dese momento especial. Aquí vos deixamos o seu traballo, un bonito lip - dub no que poderedes ver a todo o alumnado e persoal do centro. Un excelente traballo organizado e realizado polo gran equipo de mestres/mestras do centro. Gracias a todos polo voso traballo.

Desexamos que vos guste a vós e aos nenos/as que puxeron a súa parte neste bonito traballo.

LIP - DUB ENTROIDO NO OTERO PEDRAYO

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut