SOLICITUDE AXUDAS LIBROS, FONDO LIBROS, MATERIAL CURSO 2024-2025.
Ven de publicarse a Orde do 7 de Maio pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria
- Lembrar que o centro está no programa EDIXGAL (libro electrónico) polo que o alumnado 5º e 6º non usarán libro físico e a principio do curso 2024-2025 repartiráselle un ordenador persoal. Estes niveis, sí poderán solicitar axuda para material de cumprir os requisitos.
- Mantéñense os libros de 3ºe 4º Primaria. Serán os mesmos que se utilizaron no curso 2023-24.
O PRAZO DE SOLICITUDE REMATA O 21 DE XUÑO.
- INFORMACIÓN BASICA
- INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS: RESUMO DA ORDE
- CALCULO DO IRPF : para saber en que tramo económico estamos.
FORMAS DE SOLICITALO.
Hai tres formas de solicitar as axudas:
- SOLICITUDE E ANEXO II PARA IMPRIMIR E CUBRIR OU CUBRIR E IMPRIMIR ( Levala á secretaria do centro). Importante as firmas do anexo II
- SOLICITUDE A TRAVÉS DE FONDO LIBROS .- (Cubrila, imprimila e levala ao centro). O anexo II deberá imprimirse e cubrila manualmente para poder firmala)
- SOLICITUDE A TRAVÉS DA SEDE ELECTRÓNICA ( Necesaria chave 365 ou certificado dixital).
O anexo II deberá imprimirse e cubrila manualmente, asinala e logo engadila como un anexo na solicitude. Tamén se deberá engadir como anexo , de cubrila en sede electrónica, o libro de familia e outros