Últimos avisos:
LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025
BECAS CONCELLO ADQUISICIÓN LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR EDUCACIÓN INFANTIL
Últimos avisos:
LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025
BECAS CONCELLO ADQUISICIÓN LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR EDUCACIÓN INFANTIL
EDIXGAL
O proxecto Educación Dixital (Edixgal) ten como obxectivo favorecer a incorporación das tecnoloxías da información e da comunciación (TIC) no desenvolvemento da actividade educativa, facilitando aos centros adscritos á Rede Abalar a dispoñibilidade de libros e doutros materiais dixitais cos que se poidan desenvolver satisfactoriamente os proxectos curriculares.
A actividade deste proxecto na escola, ao sermos un centro de educación infantil e primaria (CEIP), desenvólvese nos cursos de 5º e 6º de educación primaria.
O colexio, ao estar adscrito a este proxecto, ten acceso a un entorno virtual de aprendizaxe (EVA) con múltiples contidos de balde, tamén se lle facilita ao alumnado e profesorado os equipos e dispositivos necesarios para o uso dos mesmos en modo cesión, proporcionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Ademais se o centro contase con libros ou outros materiais didácticos poderán empregarse como complemento ou apoio.
Acceso á plataforma EDIXGAL: https://eva.edu.xunta.es/login/index.php
INFORMACIÓN SOBRE O PROXECTO: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/e-dixgal