Estrea da curtametraxe "A Liberdade"

O vindeiro 20 de xuño estrearemos "A Liberdade" unha curtametraxe na que levamos meses traballando a reo. A historia está baseada no libro "Memoria do Silencio" de Eva Mejuto sobre as irmás Touza de Ribadabia, que salvaron a ducias de xudeus durante a II Guerra Mundial.

O proceso incluíu formación do profesorado, a lectura da novela, o asesoramento de familiares das Touza e o Museo de Ribadavia e a colaboración das familias, dos nenos, dos mestres e dos veciños de Cortegada.

Esperamos que vos guste o resultado tanto como a nós.

 

Deixamos por aquí o cartel da película e pronto o enlace para que compartades.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet