NORMATIVA APLICABLE
- Decreto 254/2012 do 13 de decembro de 2012 (DOG 26-12-12)
- Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15-03-13). (Para descargar en formato pdf e imprimir os anexos prema aquí).
- Admisión de alumnado Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio.
PRAZOS DE SOLICITUDE
DO 1 DE MARZO AO 23 DE MARZO (AMBOS INCLUSIVE).
IMPRESOS
Recóllense e entréganse na Secretaría do Centro ( DE 10:10 H. ás 16:45 H DIAS LECTIVOS)
DOCUMENTOS QUE DEBEN ACOMPAÑAR Á SOLICITUDE
- Copia do D.N.I. do neno/a (se o ten) e copia do Libro de Familia
- Certificado de empadroamento da unidade familiar (non sirve o volante).
- Documentación xustificativa doutros criterios de baremo, se é o caso (Fam. Numerosa, monoparental, minusvalías...)
NOTAS:
- O indicador público da renda correspondente ao ano 2013 é de 6.390,13 €
- Para a valoración da renda (ano 2013), os interesados farán constar a suma da base impoñible xeral (apdo 366) máis a base impoñible de aforro (apdo 374), ou, se é o caso, a que resulte da suma das declaracións individuais dos membros da unidade familiar, dividido entre o número da membros da unidade familiar.
RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS
Data límite: 24 DE ABRIL
PERÍODO RECLAMACIÓNS
5 DÍAS HÁBILES do (25 de abril ao 5 de maio)
RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS
Data límite: 14 DE MAIO
MATRÍCULA
DO 20 AO 30 DE XUÑO (AMBOS INCLUSIVE)
¡¡¡MOI IMPORTANTE!!!
Cada solicitante presentará unha única solicitude, na que incluirá unha relación por orde de preferencia de todos os centros nos que solicita praza. No caso de presentar máis dunha solicitude, NON se terá en conta ningunha delas, procedéndose a súa escolarización ao final do proceso.
As familias que desexen escolarizar a varios fillos nun mesmo Centro ao que accedan por 1ª vez, manifesten na solicitude se optan ou non polo agrupamento dos fillos.