blogue deanxostar

Aplicación Zoom.

Bo día familias!

Como sabedes estamos a poñer en práctica a aplicación Zoom para poder facer reunións con vós e clases cos vosos fillos.

A continuación deixamos uns enlaces para facilitarvos o traballo.

Lembrade que canto máis grande sexa a pantalla, mellor.

Cartel

 

Para PC Windows: 

https://downloads.digitaltrends.com/zoom/windows

Para Iphone/Mac/Ipad:

https://apps.apple.com/us/app/id546505307

Para tablets e móbiles Android:

https://play.google.com/store/apps/details?id=us.zoom.videomeetings

Reto para lavarse as mans. Educación Infantil.

Aquí vos vai un pequeno pero importante reto.

Pincha no adxunto da dereita.

Saúdos: A profe Silvia. 

As capitais de Europa.

Para o alumnado de CC. Sociais de 4º, 5º e 6º.

Practicade as capitais de Europa, que a volta estarán esperando por vós. Guiño

Tedes un enlace aquí:

MAPA

Partitura de Flauta para 4º, 5º e 6º

Aquí vos deixo unha partitura para flauta. A ver se a tocamos á volta!!

Ten moito que ver co tema de Europa que estamos a dar, porque está considerado como o hino "oficioso" de Europa.

Saúdos: O Profe Anxo.

 

Actividades para estes días.

Bo día familias!

Esperamos que estedes todos ben.

Imos utilizar esta canle para comunicarnos estes días. Lembrade que os teléfonos que vos mandamos na nota están dispoñibles para calquera consulta ou necesidade dos vososo fillos.

Queremos sinalar que TODOS OS PRAZOS de matrícula quedan en suspenso ata o fin da crise.

Na parte dereita desta páxina onde pon "Xogos Educativos" tedes moitas actividades para racer cos vosos nenos estes días ordenadas por cursos.

Tamén iremos deixando algúns traballos neste blogue para facer.

Un saúdo e moita  forza a todos! Sorriso 

Powered by Drupal - Design by artinet