Skip to Content

blogue deadmin

Olimpíadas 3º Trimestre

Ata o 3º trimestre non retomaremos as Olimpíadas. A partir de agora non se publicará máis o medalleiro.

Quedan as probas de:

Tenis de mesa

Brilé

Hockei

Frontón

 

Cada proba puntuará o dobre.

Grazas SEUR

Esta semana atopámonos unha agradable sorpresa. A semana pasada entregamos unha chea de tapóns, e a fundación SEUR agasallounos con dúas enormes caixas cheas de fantásticos libros. Grazas por todo!! Por certo, seguimos a recoller tapóns!

Preme aquí para ver todas as fotos dos nenos e nenas co material regalado por SEUR.


Charla sobre o mel

Hoxe tivemos a charla sobre o mel. Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas.

Preme aquí para ver as fotos

 


Charla do Consello regulador do Mel de Galicia

O próximo martes 25 ás 10.30 da mañá o Consello Regulador do mel dará unha charla no noso cole sobre este manxar. Esperamos que vos guste moito

 


Deporte escolar

Onte foi a segunda xornada de deporte. 

Vencemos no volei e bádminton, pero non así no baloncesto, balonmán e fútbol sala. Pero pasámolo moi ben.

Agora xa só nos queda a xornada con Carballeda de Avia, xusto antes das vacacións de Semana Santa. Preme aquí para ver as fotos de onte.

 


Distribuir contido


by Dr. Radut