Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

Ed. Musical

SAÍDA AO TEATRO

O mércores 24 de xaneiro, os nenos e as nenas de 4º e 5º de educación infantil acudiron ao Teatro Principal para desfrutar do espectáculo Titiricircus. De camiño, unha paradiña na marabillosa Alameda de Santiago para fotografarse coas coñecidas Marías. 

CONCERTO NO CGAC DE ODAIKO

O pasado martes 16 de maio, o alumnado de 2º e 3º de educación primaria, asistiu a un concerto de ODAIKO no CGAC. As nenas e nenos, desfrutaron moito da orixinal percusión deste fantástico grupo.  Así, como dos seus xogos dos que fixeron partícipes a todo o público.

SAÍDA AO AUDITORIO DE GALICIA

O alumnado de primeiro de Ed. Primaria, asistiron onte ao Auditorio de Galicia a ver Nina Ninette, un espectáculo de danza de Determinada Compañía. Trátase dun conto iniciático que se inspira na estética de Bauhaus, para danzar unha historia de beleza e rebeldía.

VISITA AO AUDITORIO

O 2 e 3 de marzo, tivemos unha saída ao Auditorio de Galicia con 3º e 6º de educación primaria respectivamente. Alí puideron gozar dun concerto da Real Filharmonía de Galicia en colaboración co servizo educativo da Casa da Música de Oporto, sobre diferentes pezas de Mozart. As nenas e nenos interactuaban co personaxe ó tempo que éstes, lle ían presentando os instrumentos da orquestra, para rematar o concerto, cunha festa entre o público e a orquestra. 

CONCERTO NO AUDITORIO DE GALICIA ALUMNADO DE 4º EP. e 5º E.P.

O pasado venres 24 de febreiro os alumn@s de cuarto e quinto de Ed. Primaria, asistiron ao concerto no Auditorio de Galicia a cargo de Pablo Carpintero e Rosa Sánchez, sobre a música e a súa evolución. Nel, explicáronnos a relación da evolución humana cos nenos e nenas galeg@s e coa creación da música. Asemade compartiron diversos e variados instrumentos elaborados polos propios nen@s. Seguidamente, repasaron os comportamentos musicais dos adultos, así como a teoría da orixe infantil de moitos instrumentos musicais.

 

VISITA DA ASOCIACIÓN: A MÁMOA DE LUOU

O venres 13, viñeron ao cole Andrea Feros, Sara Pardo e Manuel Pardo, integrantes da asociación cultural A Mámoa de Luou. As nenas e nenos de cuarto e quinto de Ed. Primaria, puideron ver e escoitar os principais instrumentos do folclore tradicional, así como os ritmos caracerísticos da nosa música: muiñeira, xota, pasodobre, polka... Asemade coñeceron como se baila nas foliadas.

Agradecemos a colaboración da asociación, que de forma desinteresada non fixo desfrutar e aprender un pouco máis da nosa cultura e da nosa música.

 

RAP DAS EMOCIÓNS

O alumnado de 4º de Ed. Primaria, participou na creación e interpretación dun rap sobre as emocións primarias: ledicia, tristeza, noxo, medo, ira e sorpresa. Dende o CEIP Plurilingüe Os Tilos, non queriamos deixar pasar a oportunidade de introducir conceptos tan importantes como son as emocións e a educación emocional, tan presentes no desenvolvemento integral dos nenos e nenas.

ELLA

Para celebrar o Día Internacional da Muller, engadindo ás actividades xa publicadas na web, o alumnado do Ceip Plurilingüe Os Tilos, interpretou a coreografía da canción "Ella " de Bebe. Dende a clase de educación musical inténtase dar visibilidade a un día tan importante como é este. 

VISITAS AO AUDITORIO DE GALICIA

Posted in

Os alumnos de 2º e 1º de Educación Primaria asistiron ao Auditorio de Galicia a un concerto a cargo dunha orquesta formada pola Real Filharmonía de Galicia e alumnos da Escola de Altos Estudos musicais coa Casa da Música de Oporto.Pincha na imaxe para ver as fotos desta representación musical.

 

Distribuir contido