FASE DE ADMISIÓN
Prazo: O prazo de solicitude abranguerá do 1 ao 20 de marzo do 2024, ambos incluídos.
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:
1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.
2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar a solicitude.
Aplicación admisión alumnado: Pulse AQUÍ
3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.
Descarga de formulario de admisión: AQUÍ
MOI IMPORTANTE: Tanto na presentación presencial da solicitude no centro, como na presentación pola Sede Electrónica da Xunta de Galicia, debe achegar o anexo II-bis debidamente asinado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, E CONSENTIMENTO DA OUTRA PERSOA PROXENITORA, TITORA OU ACOLLEDORA ).
DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR A COA SOLICITUDE DE ADMISIÓN:
- Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
- En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do menor.
- Documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas, de ser o caso.
Resultado do sorteo público anual do nº para resolver os empates no procedemento de admisión AQUÍ
POSTOS ESCOLARES VACANTES:
EDUCACIÓN INFANTIL
|
CURSO
|
Vacantes ofertadas
|
Reserva de postos escolares para alumnado con n.e.a.e.
|
4º Educación infantil (3 anos)
|
40
|
6
|
5º Educación infantil (4 anos)
|
0
|
0
|
6º Educación infantil (5 anos)
|
2
|
0
|
EDUCACIÓN PRIMARIA
|
CURSO
|
Vacantes ofertadas
|
Reserva de postos escolares para alumnado con n.e.a.e.
|
1º Educación primaria
|
11
|
4
|
2º Educación primaria
|
13
|
0
|
3º Educación primaria
|
3
|
0
|
4º Educación primaria
|
8
|
0
|
5º Educación primaria
|
10
|
0
|
6º Educación primaria
|
10
|
0
|
CALENDARIO PROCEDEMENTO ADMISIÓN
|
DATA SORTEO PÚBLICO PARA OS EFECTOS DE DESEMPATE
|
A última semana do mes de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo
|
PUBLICACIÓN POSTOS ESCOLARES VACANTES
|
Antes do 1 de marzo
|
PRAZO SOLICITUDES DE ADMISIÓN
|
1 a 20 de marzo
|
PRAZO PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA BAREMO
|
10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión
|
LISTAXES PROVISIONAIS ADMITIDOS E NON ADMITIDOS
|
25 de abril
|
RECLAMACIÓNS LISTAXES PROVISIONAIS
|
5 días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido
|
LISTAXES DEFINITIVAS
|
15 de maio.
|
FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA
|
20 a 30 de xuño
|