Mañá xoves 7 de novembro, celebraremos o magosto no colexio. Comezaremos con xogos do mundo, en relación ao proxecto de centro deste curso. Continuaremos a xornada coa desgustación de ricas castañas asadas; actividade na que colabora o centro e a ANPA COBAS.
Espallando saberes polo Mundo
CONTOS DE OUTONO
O alumnado de quinto e sexto de educación primaria, prepararon contos de medo e de outono, para lerlles aos nenos e nenas dos demáis cursos do cole. Todos e todas gozaron moito das lecturas, ademáis das interpretacións tan divertidas que fixeron.
DÍA DAS ESCRITORAS
Dende 2016, celébrase o Día das Escritoras co fin de reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia. No colexio dos Tilos parécenos importante sinalar este día, por iso cada aula indagou sobre a vida e obra dalgunha escritora e gravaron un podcast en Tilandra nas ondas. Esperamos que vos guste!
OS CONTOS DE LOBICÁN
O alumnado de 1º e 2º de educación primaria, asistiu á actividade programada para os escolares polo Concello de Teo "Os contos de Lubicán"
24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Co gallo da celebración do Día da Biblioteca Escolar (24 de outubro), damos apertura a nosa Biblioteca. O alumnado colaborador de 6º de E.P.,encargouse de dar a benvida a Biblioteca ao resto dos compañeiros e compañeiras léndolles a todos os cursos, (segundo un horario establecido), a carta que nos enviou a nosa mascota Tilandra “Tilandra davos a benvida”. Ao mesmo tempo, tamén comunicaron ao resto do alumnado as normas de funcionamento para cando fagan uso deste espazo.
PROXECTO DE CENTRO: ESPALLANDO SABERES POLO MUNDO
Ao longo deste curso 2024-2025, desenvolveremos no centro o Proxecto Documental Integrado: "Espallando Saberes polo mundo"