Enviado por admin o Ven, 19/02/2021 - 14:44
Posted in
ANUNCIO DO SORTEO PÚBLICO ANUAL DAS LETRAS DE PRIORIDADE PARA RESOLVER OS EMPATES NO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO NO CURSO 2021/2022
Día: 25 de febreiro de 2021
Hora: 10:30 horas
Lugar: Salón de actos nº 2 da Vicepresidencia primeira e Consellería da Presidencia, Xustiza e Turismo.
Edificio Administrativo de San Caetano,
Santiago de Compostela
Prazo de solicitude de ADMISIÓN de alumnado
01 ao 22 de marzo
NOTA INFORMATIVA ÁS FAMILIAS
1º. O alumnado só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O incumprimento desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
2º. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
3º. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
4º. No caso de separación ou divorcio dos proxenitores, a solicitude de admisión deberá ser asinada por ámbolos dous.
5º. A solicitude de admisión pode tramitarse en liña no seguinte enderezo electrónico:
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado
Teñen toda a información na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e na Sede Electrónica
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Decreto admisión.pdf | 711.8 KB |
Orde admisión.pdf | 1.15 MB |
Información proceso de admisión.pdf | 129.91 KB |
Orde modificación admisión.pdf | 709 KB |
Orde do 18 de decembro 2020.pdf | 597.07 KB |
Documentación para a presentación.pdf | 82.81 KB |
Manual da aplicación admisionalumnado para as familias.pdf | 179.36 KB |
Formulario solicitude admisión.pdf | 688.05 KB |
Documentación con solicitude de admisión.pdf | 64.99 KB |