O prazo para presentar as solicitudes de participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar, remata o día 21 de xuño.
Para a matrícula hai que presentar a seguinte documentación:
Impreso de formalización de matrícula. No caso de pais separados, deberá vir asinado por ambos proxenitores.(descargar)
Fotopia da sentenza ou convenio regulador, no caso de pais separados.
Dúas fotos do neno/nena que se matricula.
Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.
Fotocopia do libro de familia (follas onde aparecen os pais e folla onde aparece o alumno/a).
Certificado/volante de empadroamento.
Solicitude de transporte e comedor escolar, se é o caso.(descargar)
Só para alumnos que se matriculan no 4º curso de E.Infantil (3 anos):
Cuestionario no que se fai constar a lingua materna do alumno/a e recollida de datos iniciais. (descargar)
O alumnado que se matricula en primaria, certificado académico.
No caso de alumnos con NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO deben aportara documentación que acredite as circunstancias que fundamentan esta petición.
O alumnado de 2ºA, inventou e ilustrou o conto " O misterio das Letris desaparecidas". Desfrutaron moitísimo inventando este conto porque son uns e unhas pequen@s escritor@s!!!