Os nenos e nenas de educación infantil desfrutaron das andanzas de dous irmáns limpabotas. Riron e divertíronse moito con eles. Moitas grazas por visitarmos!
Os nenos e nenas de educación infantil desfrutaron das andanzas de dous irmáns limpabotas. Riron e divertíronse moito con eles. Moitas grazas por visitarmos!
O alumnado de quinto e sexto prepararon uns contos de medo para lerlles aos máis pequenos do cole. Disfrazáronse e representaron as súas historias preferidas. Algunhas creadas por eles, outras adaptadas dos contos clásicos. Unha actividade moi enriquecedora para todos e todas. O entusiamo trasladárono ao traballo realizado. Noraboa aos participantes!
En relación co PDI: Tilandra pensa en verde, o alumnado de primeiro e segundo de educación primaria asistiron a un obradoiro de títeres con material reciclado: teas, la, cartón... Deixámosvos unha pequena mostra.
Os nenos e nenas de 6º de Ed. Infantil asistiron á representación da obra de monicreques "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza".
Ao longo deste curso pretenderemos afondar no coidado da nosa contorna como parte principal do PDI: Tilandra pensa en verde. Sinalar a importancia de coñecer e apreciar a natureza da nosa terra. E para comezar có proxecto deste curso que mellor cá un obradoiro onde nos expliquen a importancia dos noso bosques.Así é que o alumnado de quinto de Ed. Primera participou nun obradoiro impartido por ASEFOGA, Axencia Galega da Industria Forestal que en colaboración ca Asociación de Desenvolvemento Rural puxo en marcha o proxecto "Divulgación da industria forestal en centros educativos de primaria". Mediante este obradoiro o que se pretendeu foi levar ás aulas a importancia e as vantaxes da industria forestal. Para iso abordaron catro temáticas relacionadas co medio ambiente:
-A madeira na construción.
-A xestión forestal sostible.
-Vantaxes ambientais do uso da madeira.
-A biomasa como produción de enerxía
O nome de Barriga Verde resoa na memoria de moitas persoas e para que non corra o risco do esquecemento apareceron distintas iniciativas procedentes dos eidos do audiovisual, do teatro e da investigación do patrimonio titiriteiro galego. Unha destas iniciativas é a Exposición itinerante -Onde foi Barriga Verde?, que visitou o noso colexio.
Este ano comezamos cun novo proxecto "TILANDRA PENSA EN VERDE", aprenderemos a importancia de coidar o noso planeta. Ao longo do curso realizaremos distintas actividades: saídas, conferencias e obradoiros
Visita de Xosé Antonio Perozo | hai 7 anos 16 semanas |
Obradoiro: Instrumentos musicais galegos | hai 6 anos 22 semanas |
21 de marzo: Día Internacional da Poesía | hai 6 anos 22 semanas |
Visita a Meteogalicia | hai 6 anos 22 semanas |
Descubrimos as parroquias de "Os Tilos" e "Reis" da man de Candela, Luna, Martina e Sofía | hai 6 anos 22 semanas |