Neste primeiro trimestre a biblioteca do centro acolle uns contacontos moi especiais. O nenos e nenas de quinto e sexto de educación primaria, elixiron e prepararon uns contos para lerlles aos máis pequerechos do colexio.
PDI: Tilandra no camiño
A CASTAÑA MONSTRUOSA
Unha das actividades que desfrutamos nestas semanas de outono, foi a segunda edición do concurso A Castaña Monstruosa. Mirade que debuxos máis fermosos presentaron os nenos e nenas do colexio, para participar nel.
ENTREGA DE AGASALLOS ÁS GAÑADORAS
Celebrando O Samaín
Para rematar a Semana Terrorífica nos Tilos, o venres 29 os nenos e nenas disfrazáronse de bruxas, esqueletos, morcegos...Foi unha mañá moi divertida e a ledicia invadiu as aulas.
Exposición de Samaín
O Samaín é unha festividade celta que marca o remate do verán e o comezo do inverno. As carautas e disfraces formaban parte da festa e implicaban que as persoas ían de porta en porta recitando versos en troques de comida. En Galicia é tradición tallar cabazas, e cada ano os nenos e nenas do colexio decoran os corredores con elas. Este curso a talla de cabazas adaptouse ao proxecto Tilandra no camiño. Esta é unha mostra do traballo realizado polo alumnado e as súas familias.
TILANDRA PEREGRINA
Un curso máis, chega o momento de pór en marcha o Proxecto de centro: Tilandra no camiño. A primeira actividade que plantexamos foi o debuxo da mascota da biblioteca. Tilandra está preparada para camiñar, pero non un camiño calquera, senon: O CAMIÑO DE SANTIAGO. Así que pedímoslle ao alumnado de quinto e sexto que debuxaran a Tilandra peregrina. Estes foron algúns dos debuxos.
E aquí temos a nosa Tilandra Peregrina.
PDI 2021/2022: TILANDRA NO CAMIÑO
Ao longo do curso 2021 – 2022 desenvolveremos no centro o P.D.I. “Tilandra no Camiño”.
Un dos obxectivos deste proxecto é achegar o Camiño de Santiago ao noso alumnado.
PAKOLAS
No día de hoxe tivemos unha visita moi bailadeira. O autor, musico e compositor Paco Cerdeira achegouse ao noso cole, a presentarnos o seu espectáculo "Rockeando con Ramona Órbita".
Velaquí tedes unha pequena mostra do acontecido. A vindeira semana subiremos máis imaxes a galería da web.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4