proxecto, EmocionArte, biblioteca

Recomendacións lectoras para o Día do libro

O alumnado de sexto de educación primaria, queren recomerdarvos algúns dos seus libros favoritos. Debuxaron a portada do libro e gravaron un audio. Se utilizades un lector de códigos qr, escoitaredes unha breve reseña dese libro. Esperamos que desfrutedes coas nosas recomendacións. Comezade xa!!!

 

 

21 de marzo. Día da Poesía

Este 21 de marzo, coincidindo co inicio da primavera, celebramos o Día Mundial da Poesía. En tempos de coronavirus, a poesía é a vacina contra a incerteza e os medos que nos asolan. Dende o centro buscamos reflectir as Emocións do noso alumnado a través de poemas e obras de arte, proxectando os seus sentimentos, baixo o título "Poesía por un tubo". Deste xeito promovemos a poesía como manifestación da súa creatividade literaria e artística.

ENTROIDO 2021

 

Un ano máis o Entroido chegou ao colexio dos Tilos, aínda que dun xeito diferente ao que estabamos acostumados. A Pandemia obrigounos a modificar algunhas das actividades que eran costume no colexio, como o "Gran desfile Carnavaleiro", pero aínda así puxemos ilusión e ganas. Con Van Gogh e Frida como pintores de referencia, os nenos e nenas conseguiron os mellores e vistosos disfraces; facendo gala da súa alegría e ganas de troula. Entre todos conseguimos esquecernos por uns días desta situación.

Emocións e Arte polo Nadal

 Este Nadal é diferente a calquera outro, pero aínda así, dende o colexio tratamos de dar a maior normalidade posible a esta situación polo benestar do noso alumnado e, en xeral, de toda a Comunidade Educativa.

 Os distintos equipos de dinamización en colaboración co resto do profesorado deseñaron e desenvolveron unha serie de actividades para a celebración do Nadal.

 As actividades foron deseñadas en consonancia co Proxecto EmocionArte con Tilandra. Desenvolvéronse ao longo da segunda quincena do mes de novembro e decembro:

   -Ambientación con elementos decorativos propios do Nadal aportados polo alumnado.

   -Arte relacionada coas emocións e co Nadal.

Powered by Drupal - Design by artinet