Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

VISITA DE PERE TOBARUELA- FORMIGAS. MISIÓN ENTROIDO

O autor de "Formigas. Misión Entroido" visitou o colexio e compartiu cos nenos e as nenas de cuarto de Ed. Primaria, un tempo, para a análise do libro lido. Pere Tobaruela contoulles datos importantes da súa obra e contestou ás preguntas que o alumnado lle fixo.

DÍA DA POESÍA

O 21 de marzo, conmemoramos o Día da Poesía. Relacionando a data co proxecto deste curso "Espallando saberes", decidimos visitar a Tilandra nas ondas para gravar poemas da nosa terra. Cada aula elixiu un escritor ou escritora de poesía en lingua galega, investigaron sobre a súa biografía e elaboraron un podcast. O alumnado gravou poemas de Luisa Villalta, Letras Galegas 2024; Rosalía Morlán, que acode aos colexios a ler poemas; Manuel María, Letras Galegas 2016; Antonio García Teijeiro, dedicado principalmente a literatura infantil e xuvenil; Ana María Fernández, Premio Lazarillo 2001 e Xela Arias, Letras Galegas 2021.

 

DÍA DE "PIGNIC"

As nenas e os nenos de 1º e 2º de educación primaria, gozaron dunha xornada de xogos ao aire libre. Pasárono xenial!

VISITA DE HÉCTOR CAJARAVILLE

O alumnado de terceiro de primaria, recibiu a visita do escritor Héctor Cajaraville. Compartiron a experiencia de ler un dos seus libros "Quen dá a quenda".

 

LISTAXES ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-2025

Posted in

Están publicadas no taboleiro de anuncios do centro as listaxes de admitidos para o curso 2024-2025.

ENREGUÉIFATE 2024

O alumnado de sexto en colaboración co Concello de Teo, asistiu a gala das regueifas 2024 no Teatro Principal de Santiago. Alí entregáronse os premios aos gañadores deste certame. Os nenos e as nenas de quinto e sexto de educación primaria, participaron enviando a súa creación. Desta vez non houbo sorte porén seguirán regueifando para participar o vindeiro curso.

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: 8 DE MARZO

O 8 de marzo é unha xornada para reivindicar a igualdade e para facer balance da situación das mulleres na sociedade. Nas actividades desenvolvidas no colexio, tratamos de visibilizar á mulleres que loitaron en distintas épocas. Comezamos co alumnado de infantil, que debuxou a súa muller favorita. Asemade, as familias investigaron sobre elementos iconográficos, rúas, edificios..., que tivesen como protagonista unha muller. Realizaron fotografías coas que construímolo mural do 8-M. Como remate, todos xuntos elaboramos un collage, inspirándonos nos cadros de mulleres que realiza Vanesa Lodeiro. 

Velaquí tedes o acontecido.   

VISITA AO CGAC

O alumnado de educación primaria, visita ao longo desta semana o centro galego de arte contemporáneo. Primeiro e segundo desfrutaron a semana pasada da saída e dun obradoiro, onde experimentaron con diferentes técnicas e materiais.

Se premes na imaxe, accederás á galería que actualizaremos ao longo da semana.

 

 

VISITA Á CASA DE ROSALÍA

Os nenos e as nenas do colexio dos Tilos en colaboración co concello de Teo, visitan a Casa Museo de Rosalía de Castro. Comezou a actividade o alumnado de quinto e sexto de educación primaria. Os vindeiros días acudiran o resto do alumnado. 

 
 

SAÍDA AO TEATRO PRINCIPAL

O alumnado de cuarto de educación primaria, saíu ao Teatro Principal para ver a representación: "Wombo Combo".

Distribuir contido