Os alumnos de 6º de Educación primaria forn de excursión a Cabeza de Manzaneda os días 20, 21, 22 de febreiro.
Practicaron esquí e snow, xogos e actividades na neve, actividades lúdico deportivas no pavillón polideportivo, natación na piscina climatizada e baile na discoteca. Foron tres días de diversión ocio e convivencia.
Ao longo da semana do 4 ao 8 de febreiro a Asociación Española Contra o Cancro visitou o colexio para impartir uns obradoiros ao alumnado de ed. infantil e ed. primaria. Foron unhas charlas onde aprendemos que alimentos son os máis beneficios para a nosa saúde e cales son os máis prexudiciais.
O alumnado de segundo curso de Ed. Primaria participou nun taller de cociña e a verdade non se lles deu nada mal. Fixeron a torta da avoa contando coa colaboración de Verónica Pérez a nai de Luca. Xa sabemos que non podemos tomala todos os días pero para festexar o fin do primeiro trimestre é unha boa idea. Como podedes ver nas fotos os nenos e nenas desfrutaron moito ese día.
A Real Academia Galega enviounnos un diploma recoñecendo o noso traballo sobre María Victoria Moreno, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2018. Amosámosvos o diploma que acadamos co traballo feito entre todos.