O mércores desta semana, tivemos unha visita moi divertida .Os Monifates agasalláronnos cun espectáculo onde o alumnado desfrutou da súa actuación. Un carromato tirado por dous músicos , os cales ao mesmo tempo que interpretan música tradicional galega fan que uns monicreques danzantes bailen sen parar. Os monifates no camiño, cóntannos a historia de Don Gaiferos e os seus amigos.
Velaquí tedes unha pequena mostra do acontecido.
Esta actividade desenvólvese no centro en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística a través da coordinadora territorial dos EDLG da Coruña.