Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

VISITA DE MONDRA

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, realizamos distintas actividades no centro.

OBRADOIRO CON CHARO PITA

O alumnado de quinto e sexto de educación primaria, desfrutou o mércores 15 de maio dun obradoiro de expresión oral impartido por Charo Pita.

Moitas grazas Charo Pita por acompañar e ensinar aos nenos e as nenas dos colexio dos Tilos,  esa grande faceta túa de expresión e comunicación. Seguro que nos será de gran axuda para futuras locucións en RadioTilandra.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2024/2025

Posted in

Prazo de solicitude: do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos 

Máis información AQUÍ

 

CONCERTO DIDÁCTICO

Os nenos e as nenas de primeiro e segundo de educación primaria, asistiron o luns 13 de maio, a un concerto didáctico "Outras músicas son posibles". A actividade consistiu nunha xornada amena e participativa para fomentar a escoita activa. O lugar onde se desenvolveu foi o auditorio do CGAC.

 

ESPECTÁCULO DO REI LEÓN

O alumnado do colexio, desfrutou da función: O rei león. Tributo.

A compañia Onbeat representou no Teatro do colexio La Salle, unha obra baseada na historia coñecida por todos. Unha experiencia fabulosa para o alumnado. 

CONFERENCIA EDUCACIÓN S-XXI-

O alumnado de 5º e 6º do centro, participou nun encontro online co prestixioso psicólogo clínico Rafael  Santandreu. A charla promoveuna A Fundación A banca co título:" El arte de no amargarse la vida". Nela Santandreu explicoulles a importancia de adestrar o cerebro para que pase de situacións de nerviosismo á tranquilidade; do medo á despreocupación e da timidez á extraversión. Unha temática moi interesante e amena.

 

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

Posted in

PRAZO DE SOLICITUDE:

DO 30 DE ABRIL AO 13 DE SETEMBRO DE 2024.

MAIS INFORMACIÓN:

Programa Educativo NAVEGA CON RUMBO

Posted in

 A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, organiza a XI edición do programa educativo Navega con Rumbo. Ao abeiro do mesmo, o venres 26 de abril, celebrouse no colexio unha charla para o alumnado de quinto e sexto de educación primaria. O obxectivo foi informar aos nenos e as nenas dos riscos do mal uso de internet e das redes sociais. Trátase  de promover unha navegación segura e responsable.

SEMANA DO LIBRO

O 23 de abril é unha data importante no calendario escolar. Este curso, celebramos O Día do Libro con distintas actividades ao longo da semana:

-Ilustración de portadas: cada neno ou nena do cole, debuxou a portada do seu libro favorito.

-Librotendal: coas portadas elaboramos a montaxe dunha varanda para decorar a carballeira do centro.

-Mercadillo: expurgo na biblioteca, para o troco de libros por portada ou reseña.

-Booktubers: gravacións en vídeo de recomendacións lectoras

-Apadriñamento e amadriñamento de lectores: o alumando de 6º, 5º, 4º, e 3º de ed. primaria compartiron lectura cos máis pequerechos do colexio.

Preme na imaxe e verás o acontecido.

VISITA Á CASA DE ROSALÍA

Ao longo do curso, o alumnado do colexio visita a Casa de Rosalía de Castro. É a quenda de terceiro e cuarto de educación primaria. Esta actividade realízase en colaboración co Concello de Teo.

Distribuir contido