O primeiro trimestre remata con distintas actividades das que as alumnas e os alumnos do colexio dos Tilos participaron. Comezamos coa colaboración das familias no xa tradicional adorno para a árbore de Nadal. Nas aulas elaboráronse grilandas con produtos naturais. Os nenos e as nenas escribiron cartas aos Paxes e ao Apalpador. Co proxecto de centro "Espallando Saberes" demos a coñecer ao personaxe da tradición galega; a lenda conta que era o encargado de levar un pouco de felicidade ás aldeas galegas situadas no interior de Galicia, concretamente no Courel, Ancares, Terras de Trives. Na derradeira semana o alumnado participou en divertidos bailes e como remate, hoxe día 21, os máis pequerrechos acudiron á biblioteca para ver a película do Grinch e o resto bailaron e cantaron ao son dun DJ.