O alumnado de sexto de educación primaria, queren recomerdarvos algúns dos seus libros favoritos. Debuxaron a portada do libro e gravaron un audio. Se utilizades un lector de códigos qr, escoitaredes unha breve reseña dese libro. Esperamos que desfrutedes coas nosas recomendacións. Comezade xa!!!
O alumnado de sexto, participou no obradoiro de habilidades sociais. Esta actividade levase a cabo en colaboración co Concello de Teo. O alumnado afonda sobre os distinros tipos de comportamento.
Os alumnos e alumnas de sexto de Educación Primaria participaron no certame de Poesía da Asociación Anomar. Ao longo do mes de novembro traballaron a composición de poemas en lingua galega e libremente optaron por presentarse ao concurso. Cal foi a nosa sorpresa que un alumnno do centro resultou premiado.
Noraboa a Iván Fernández Montero.
Parabéns!
Deixamos o enlace da Voz de Galicia onde se recolle un artigo sobre a entrega de premios.
O alumnado de 6ºA non se olvida do Proxecto do ano de TILANDRA PENSA EN VERDE e está aproveitando o seu confinamento para facer os seus composteiros na casa e outros traballos relacionados coa natureza.