Skip to main content
Iniciar sesión: Acceso

LISTAS COMEDOR ESCOLAR

Posted in

O XOVES 11 de xullo publicaranse no taboleiro de anuncios do centro as listas provisionais de admitidos e de reserva para o curso 2024-2025.

INFORMACIÓN VALES E FONDOLIBROS 2024-2025

Posted in

O día 4 de xullo publicaranse as listas provisionais de solicitudes admitidas/excluídas no fondo libros 2024-2025.

 

As listas definitivas publicaranse o día 12 de xullo.

 

Os vales recolleranse a partir do día 18 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 horas.

 

Recordamos que os cheques de  libros de texto para 1º e 2º de educación primaria e os de material escolar para toda primaria debe vir a recollelos o solicitante da axuda ou persoa que este autorice por escrito.

 

 

 

 

 

ROTEIRO CON ANTÍA YAÑEZ

O luns 17 de xuño o alumnado de quinto e sexto de educación primaria viaxou a Portomarín, para encontrarse con Antía Yañez, autora do libro "O segredo de Portomarín". Percorreron os recunchos onde os protagonistas do libro viven a súa aventura.

VISITA DE HELENA FERRO

Os nenos e as nenas de quinto e sexto participaron no proxecto de Artesanía de Galicia: "Eu son zoqueira"; unha unidade didáctica elaborada coa colaboración de Helena Ferro. Como remate da actividade Helena acudiu ao colexio para facer unha demostración.

OS BOLECHAS VISITAN O COLEXIO

Os bolechas visitan o colexio para presentar un novo libro: Os bolechas visitan Teo. Este libro foi editado coa axuda do concello teense. As aventuras dos Bolechas percorren os lugares máis emblemáticos de Teo, a través do Camiño de Santiago Portugués, que pasa polo municipio. A cativada desfrutou dos Bolechas!

 

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 1º E 2º DE E.P.

Os nenos e as nenas de 1º e 2º de educación primaria, saíron do colexio para desfrutar da excursión final de curso. Visitaron na Coruña: o acuario, a Torre de Hércules e pasárono pipa no parque de Eirís.

SAÍDA Á GRANXA DE FEIRACO EN MAZARICOS

O alumnado de preimeiro e segundo, visitaron a granxa de Feiraco en Mazaricos.

XORNADAS DE ATLETISMO

Posted in

Os nenos e as nenas de segundo de educación primaria asistiron ás xornadas de atletismo galego organizadas en Ordes.

 

MATRÍCULA PARA O NOVO ALUMNADO CURSO 2024-2025

Posted in

Para a matrícula hai que presentar a seguinte documentación:

  • Impreso de formalización de matrícula.

 

  • No caso de pais separados, deberá vir asinado por ambos proxenitores.

 

  • Fotopia da sentenza ou convenio regulador, no caso de pais separados.

 

  • Dúas fotos.

 

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.

 

  • Fotocopia do libro de familia (follas onde aparecen os pais e folla onde aparece o alumno/a).

 

  • Certificado/volante de empadroamento.

 

  • Solicitude de transporte e comedor escolar, se é o caso.

 

  • Só para alumnos que se matriculan no 4º curso de E.Infantil (3 anos):
  • Cuestionario no que se fai constar a lingua materna do alumno/a e recollida de datos iniciais.

 

O alumnado que se matricula en primaria,aportará certificado académico.

 

No caso de alumnos con NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO deben aportar a documentación que acredite as circunstancias que fundamentan esta petición.

 

Documentación adxunta para descargar:

Distribuir contido