Skip to Content


Durante os días que o centro permaneza pechado para o alumnado, atoparedes actividades de reforzo e repaso na aula virtual. Preme sobre ese apartado e, unha vez dentro, atoparás a "Aula coronavirus" onde estarán accesibles todos os materiais.



Arrancou o novo curso sen grandes sobresaltos. Xa estamos todos nos nosos postos e, agora que xa nos coñecemos... a traballar con ansia!



O mércores 11 de setembro comezarán as clases para o alumnado de infantil e primaria.

Horario:

* 4º EI: convocarase unha reunión coas familias antes do día 11 de setembro para establecer o horario durante o periodo de adaptación.

* 5º/6º EI e EP: de 9.30 h a 14.30 h. Usuarios de comedor de 14.30 h a 15.30 h.

Lémbrase que os martes do mes de setembro a saída das clases é ás 14.15 h e a do comedor ás 15.15 h.



O mércores 18 de abril, o alumnado de Infantil desprazarase a Muxía na xornada da mañá para visitar a Biblioteca Municipal e o parque do Coído.



O xoves 12 de abril os grupos de 5º e 6º de Primaria asistirán ó auditorio de Cee para ver a obra de teatro "Leonardo e os fontaneiros", adaptación da novela de Mª Victoria Moreno (autora a quen se lle adican este ano as Letras Galegas).



Durante a mañá do xoves 1 de xuño, o alumnado de 6º EP visitará o IES Ramón Caamaño de Muxía onde estará ecolarizado o vindeiro curso.



O xoves 27 de outubro contaremos coa visita de dous monitores de balonmán que achegarán este deporte ó alumnado de 3º a 6º EP. Esta actividade está patrocinada polo Concello de Muxía.



O inicio das clases para o alumnado de Infantil e Primaria será o 10 de setembro. O horario durante este mes será de 9.30 a 14.30 h. Os usuarios de comedor rematarán ás 15.30 h. Lémbrase que os martes do mes de setembro adiantarase a saída 15 minutos.



 O mércores 2 de abril, unha monitora da escola de vela "Cataventos", achegarase ó noso centro en horario de mañá, para informar ó alumnado de 3º ciclo de Primaria sobre as actividades que se poden desenvolver no mar. Esta charla é fundamental para poder facer unha sesión práctica no mes de xuño no porto de Muxía.



O venres 21 de marzo, xa que comeza a primavera, adicarémolo ó medioambiente e á poesía.

Pola mañá achegaranse ó centro os axentes forestais que nos falarán sobre os efectos dos lumes nos montes, amosararnnos como se utiliza a motobomba e plantarán sementes con nós.

Pola tarde participaremos nun recital de poesía organizado polo Equipo de Biblioteca. Para anunciar o evento contaremos coa actuación da Chiquitropa.



O alumnado de Infantil visitará un invernadoiro en Fumiñeo na mañá do venres 14 de marzo.



O mércores 12 de marzo o alumnado de desprazarase ó IES Ramón Caamaño para participar en distintas actividades organizadas co gallo da Semana da Ciencia: experimentos no laboratorio do instituto, obradoiro de papiroflexia e visita ás diversas exposicións científicas.



Preme aquí para saber que actividades levaremos a cabo na semana do antroido.



O martes 11 de febreiro, a partir das 14.30 h,  o alumnado de 4º e 3º ciclo de Primaria, asistirá a unha charla que, baixo o título "Navega con rumbo", amosaralles como deben utilizar internet de forma segura. Esta actividade está organizada a través do Proxecto Abalar.



SEMANA DA PAZ

O luns 27 de xaneiro visitounos unha xornalista siria, Nussa, que durante distintas sesións do día explicou como é a vida en Siria: o sistema educativo, a sociedade, a gastronomía, a relixión, os monumentos... Previamente, todos os niveis traballaran o conflito sirio para comprender esa realidade.

O venres 31 de xaneiro, celebramos a Paz cun pequeno acto no ximnasio. A Chiquitropa abreu a xornada cunha canción para dar paso logo á montaxe dun puzzle co símbolo da Paz elaborado entre todos os cursos. Finalmente todos os alumnos interpretaron unha canción.



Ovenres 20 de decembro celebraremos o Nadal cun Festival que dará comezo ás 10.30 h e terá o seguinte horario de actuacións:

10.30 h: Chiquitropa. Canción "Porque é Nadal".

10.35 h: E. Infantil. Canción "Chascarrás-caschás".

10.40 h: 1º ciclo. Teatro "A historia do Apalpador".

10.55 h: 3º Primaria. Canción "Vinde vindo, vente vindo".

11.00 h: 4º Primaria. Teatro "O mellor día de reis de Ana".

11.15 h: 4º Primaria. Baile "Nuestra canción de Navidad".

11.20 h: 5º Primaria. Canción "Lotería do Nadal".

11.25 h: 6º Primaria. Canción "The twelve days of Christmas".

11.30 a 12.00 Recreo

12.00 h: 6º Primaria. Coreografía "Volver a casa por Nadal".

12.10 h: Todo o alumnado. Canción "Amigos do mundo".

12.25 h: Profesorado. Canción "Canta Panxoliña"

 



O xoves 19 de decembro, o alumnado de 1º ciclo e 3º de Primaria realizarán unha viaxe cultural a Santiago. Desde alí trasladaranse en tren ata Padrón para visitar a casa-museo de Rosalía de Castro.



O mércores 18/12/13 o alumnado de Infantil asistirá a unha sesión de cine a Cee en horario de mañá.



O alumnado de 4º de Infantil visitará  a panadería dos Muíños para ver o seu funcionamento e elaborar un bolo de pan.



O gran acordeonista vasco Kepa Junquera visitará o centro para charlar co alumnado e interpretar algunha composición tradicional. Agradecemos a colaboración da familia de Manuel Pazos (Pazos de Merexo), xa que sen eles sería imposible que este evento se poidera levar a cabo.



En colaboración co Concello de Muxía e SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente), o alumnado de 2º e 3º ciclos de Primaria participará nun obradoiro de reciclaxe.



Co gallo da celebración do torneo de Xadrez Entre Faros, dúas das primeiras figuras que participan neste campionato visitarán ós nosos escolares para dar a coñecer este xogo.

Xa podedes ver un resumo da actividade premendo aquí.



Como ven sendo habitual, ó remate de cada curso recollemos a opinión do alumnado e das súas familias sobre varios aspectos do funcionamento do colexio. Estas enquisas fanse entre as familias do alumnado que remata ciclo, e cos alumnos de 4º e 6º de Primaria.

Grazas á información que aportan estes documentos nós podemos saber en que aspectos debemos mellorar. Poden acceder ós resultados das mesmas premendo aquí.

 



Tres axentes forestais achegaranse ó centro para dar unha charla sobre o medioambiente e a continuación plantaranse unhas sementes (Infantil e 1º ciclo e Primaria) e unhas árbores no campo do colexio (2º e 3º ciclos de Primaria)



O alumnado de 3º visitará a praia de Area Maior (Os Muíños) acompañados polos seus titores.



O alumnado de 5º e 6º de Infantil visitará o castelo de Vimianzo.



O alumnado de 5º/6º de Infantil e 4º/5º de Primaria visitarán o parque de Marcelle e a cidade de Lugo.



O día 23 de abril celebramos o día do Libro.

A partir das 10.00 comezará a maratón de lectura, que este ano está adicado a Julio Verne e a súa obra "Vinte mil leguas de viaxe baixo dos mares"

No comedor escolar servirase un menú especial  con produtos do mar.

Durante toda a semana pódese visitar a exposición de exemplares de Julio Verne e de obxectos relacionados co mundo do mar.



venres 15 de febreiro, o alumnado de Infantil e Primaria trasladarase en distintas quendas a Muxía, en horario de mañá, para gravar o recitado dun poema de Rosalía de Castro no entorno do Santuario da Barca. Con esta actividade colaboramos coa Asociación de Escritores en Lingua Galega na celebración do centenario da publicación de “Cantares Gallegos”.

En caso de chuvia fariamos a grabación no colexio.



O luns 4 de febreiro, o alumnado de Infantil e 1º ciclo de Primaria, contará coa actuación dun contacontos de Kalandraka.

O evento terá lugar na biblioteca de 12.00 a 13.00 h.



O alumnado de Infantil e 1º ciclo de Primaria fará unha viaxe a Coruña para visitar a "Casa dos peixes", o "Planetario" e a "Casa do home".

Sairán do colexio ás 10.00h e estarán de regreso ás 16.30h.

Os bocadillos, auga e froita do xantar corren a cargo do comedor escolar.



Aínda que o día grande do Entroido celebrarémolo o venres 8, as actividades darán comezo uns días antes:

A semana previa á celebración, recolleranse as caretas para o "I CONCURSO DE CARETAS". As bases do mesmo serán enviadas por escrito ás familias para que poidan participar.

O luns 4 colocarase un boneco de Entroido na entrada do colexio que portará a consigna do que hai que traer de disfraz ó día seguinte.

Venres 8:

10.00 Entrada nas aulas para disfrazarse.

10.30 Saída da Chiquitropa.

10.45 Desfile de disfraces por titorías (No patio ou ximnasio)

         Entrega de diplomas do "I CONCURSO DE CARETAS"

11.30 Recreo

12.00 Merenda: entrega de bocadillos e zumes.

12.45 Subida ás aulas

13.00 Saída



Celebraremos conxuntamente o día da Paz coas seguintes actividades:

A partir das 14.50h sairá a Chiquitropa. 

Todos xuntos no patio cantaremos a canción escollida para este día.

Finalmente sumaremos entre todos o maior número posible de "Canastras pola Paz".



Programa de actos:

10.20 h: Chiquitropa

10.30 h: Os pequeniques

10.35 h: Cancións interpretadas polos dous grupos de Infantil

10.45 h: 1º ciclo, obra de teatro "Pitusa e a medusa".

11.00 h: 4º de Primaria, Coral "Velaí-vai"

11.05 h: 3ºA, obra de teatro "Secuestraron a Papá Noel"

11.25 h: 3º A e B, coreografía "Tacatá"

11.30 h: 4º de Primaria, obra de teatro "Aula de tócame Roque"

11.45 h: 5º de Primaria, coreografía "Call my..."

11.50 a 12.10 h: recreo

12.15 h: 3ºb, obra de teatro "Muíños 2032"

12.30 h 6º de Primaria, tema musical "Titanic"

12.35 h: 2º e 3º ciclos, "Tamborileiro"

12.40 h: Profesorado "Cun sombreiro de palla" "Vinde ver ó neno"



Ás 15.30 h, o alumnado de 5º de Primaria representará a obra de teatro "Revoltixo de contos".

Ó remate da mesma farase entrega dos premios do concurso de "Colgaportas" organizado pola Biblioteca.



O Equipo de actividades Complementarias e Extraescolares organiza un concurso de cabazas. 

Haberá un premio por ciclo. O alumno que presente a cabaza máis laboriosa recibirá un diploma.

As cabazas estarán expostas no colexio e retiraranse o mércores 31 a última hora da tarde.

Distribuir contido


by Dr. Radut