Skip to Content

Complementarias

SAÍDA A CORUÑA

O mércores 20 de decembro o alumnado de 2º, 3º e 4º EP desprazarase a Coruña para visitar a Fundación Mª José Jove, o MUNCYT e a pista de xeo de Marineda. A saída será ás 9.15 h e a chegada ó centro ás 16.20 h.

CHARLA SOBRE COMPOSTAXE E PLANTACIÓN DE SEMENTES

O xoves 2 de novembro, Pedro (Técnico de Medio Ambiente de Galicia) e Mariann (Técnica de Medio Ambiente do Concello de Muxía), acompañarannos durante a mañá para explicarnos a posta e marcha e funcionamento dun composteiro (3º e 4º EP), así como amosarnos a técnica de

SAMAÍN E MAGOSTO

O martes 31 de outubro celebraremos o Samaín e faremos o magosto. Preme aquí para ver o programa de actividades dese día.

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Do 14 ó 16 de maio, levaranse a cabo varias actividades para celebrar as Letras Galegas homenaxeando á autora escollida para este ano, Mª Victoria Moreno. Preme neste enlace para acceder a toda a información.

CONTAMOS E RECOLLEMOS CONTOS NADOS NO CAMIÑO

O venres 27 de outubro, os grupos de 4º, 5º e 6º EP participaron nunha actividade organizada por Urdime percorrendo un tramo do Camiño de Santiago dentro do noso concello. Contamos coa colaboración de Inacio Vilariño que foi relatando contos sobre o camiño.

SAÍDA Ó AQUAPARK DE CERCEDA

O mércores 21 de xuño, o alumnado de 4º e 6º EP disfrutará dunha xornada de ocio no Aquapark de Cerceda.

SAÍDA A CORUÑA E CASTELO DE VIMIANZO

O martes 20 de xuño, o alumnado de 5º EP visitará o Castelo de San Antón e o Muncyt en Coruña. De regreso a Muxía, pararán en Vimianzo para visitar o castelo.

SAÍDA Á PRAIA DOS MUÍÑOS

O luns 19 e martes 20 de xuño, se o tempo o permite, o alumnado de 6º EP e Infantil respectivamente, achegarase á praia dos Muíños para disfrutar dunha xornada lúdica e de convivencia.

XINCANA VIAXEIRA

O xoves 22 de xuño celebraremos a "Xincana viaxeira". Participará todo o alumnado do centro distribuido en 8 equipos. Para visualizar as bases do xogo preme aquí.

"O MAR NA ESCOLA. XOGANDO CO VENTO"

O Concello de Muxía xunto coa Escola de Vela Cataventos organiza a actividade "O mar na escola. Xogando co vento".

Calendario:

Distribuir contido


by Dr. Radut