Skip to Content

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA E VÍDEO "QUE É PARA TI A COSTA DA MORTE?"

Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Costa da Morte convoca a primeira edición do concurso de fotografía e clips de vídeo online #MarcaCostadaMorte para fomentar entre o alumnado a posta en valor das paisaxes, patrimonio, mar, agro, industria... que dan identidade ao territorio.

 

As persoas participantes deberán publicar unha fotografía/clip en Instagram desde o perfil de usuario/a da aplicación. A foto/clip deberá conter unha imaxe ou escena localizada no territorio do GDR Costa da Morte: paisaxes, persoas, produtos, etc, xa sexa en interior ou en exterior.

O prazo de publicación de imaxes ao concurso e as votacións das persoas participantes establécese dende o 1 ao 31 de xullo de 2020.

Bases

Consentimento menores



story | by Dr. Radut