Skip to Content

AXUDAS FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2020-2021

Infórmase que no día de hoxe saiu publicada no DOG a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.

 

Para ser beneficiario desta axuda é preciso cumprir os seguintes requisitos:

- ter devolto os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 19-20 (agás o alumnado de 1º e 2º EP)

- ter unha renta per cápita familiar igual ou inferior a 10.000 € (para libros de texto) ou igual ou inferior a 6.000 €(para material escolar). A renda será a do exercicio 2018.



Documentación a achegar:

-Solicitude cuberta preferentemte por vía telemática nos seguintes enderezos: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ou https://sede.xunta.gal

Tamén é posible presentala no colexio solicitando cita previa (881 880 787) de 10.00 a 13.00 h. Neste caso deberán aportar:

-Libro de familia en que figuren todos os membros da unidade familiar.

-No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar a 31 de decembro de 2018 non coincide coa actual poderá presentarse sentenza xudicial de separación ou divorcio, ou de ser o caso convenio regulador onde figure a custodia; certificado ou volante de convivencia ou informe dos servizos sociais.

-Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

-Violencia de xénero: Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero (Lei 11/2007 do 27 de xullo)



O prazo para a entrega da documentación será desde o 20 de maio ata o 19 de xuño de 2020 tanto na sede electrónica como na Secretaría do centro.

 

No caso de facelo no centro, a entrada efectuarase pola porta do edificio da ampliación para ser atendidos na ventá de secretaría. En todo momento deberán cumprirse as normas de seguridade, autoprotección e distanciamento social. Preferentemente asistirá unha soa persoa (sen acompañantes).



story | by Dr. Radut