Skip to Content

INFORMACIÓN SOBRE A ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS PARA A FINALIZACIÓN DO CURSO 19-20

Seguindo as instrucións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, o profesorado do centro revisou os currículos e programacións didácticas para adaptalas ás circunstancias especiais do 3º trimestre do curso actual.

Nestas adaptacións identifícanse as aprendizaxes e competencias imprescindibles que debe desenvolver o alumnado e que serven de referente para o deseño das actividades que se están levando a cabo no 3º trimestre. Ademais, establécese en cada unha delas o procedemento para o cálculo da cualificación final que se consignará na avaliación ordinaria.

Estas adaptacións pódense consultar na Aula virtual no apartado "Adaptación das programacións. Curso 19-20" ou premendo directamente neste enlace.



story | by Dr. Radut