Skip to Content

REAPERTURA DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2020-2021

Informamos que no día de onte saíron publicadas no DOG instrucións para a reapertura do procedemento de admisión do alumnado para o curso 2020-2021. 

 

Para atender os trámites derivados do proceso de admisión, e segundo a normativa aplicable, este centro educativo permanecerá aberto a partir do día 11 de maio en horario de 10.00 a 13.00 h. 

 

Será preciso solicitar telefonicamente (881 880 787) cita previa.

 

A entrada efectuarase pola porta do edificio da ampliación para ser atendidos na ventá de secretaría. En todo momento deberán cumprirse as normas de seguridade, autoprotección e distanciamento social. Preferentemente asistirá unha soa persoa (sen acompañantes).

 

Para calquera dúbida poden contactar previamente co centro no teléfono 881 880 787 ou a través do correo electrónico ceip.osmuinhos@edu.xunta.gal

 

Detállanse a continuación os novos prazos para o procedemento de admisión:

 

  • Presentación das solicitudes de admisión de alumnado: do día 11 de maio de 2020 ata o día 18 do mesmo mes.

  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

  • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.



story | by Dr. Radut