Eventos
As familias deberán acudir á aula do titor correspondente.
Agradécese a asistencia xa que, nesa reunión, explicaranse os aspectos fundamentais deste curso escolar e repartiranse as presentacións de área.
O Equipo de actividades Complementarias e Extraescolares organiza un concurso de cabazas.
Haberá un premio por ciclo. O alumno que presente a cabaza máis laboriosa recibirá un diploma.
As cabazas estarán expostas no colexio e retiraranse o mércores 31 a última hora da tarde.
“Mostra de elaboración de menús” para as familias.
-Actuación da Chiquitropa
-Acto en memoria do Prestige
-Xogos populares
-Degustación de castañas
“Mostra de elaboración de menús” para as familias.
As cociñeiras do centro explicarán e amosarán o proceso de preparación do menú que será servido ó alumnado ese mesmo día.
O alumnado de Infantil e 1º ciclo visitará a exposición fotográfica sobre o Prestige no Salón do Voluntariado, e o porto de Muxía.