Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar curso 2021-2022
ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B).
Prazo para presentar solicitudes (Anexo I e Anexo II)
- O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2021 (este incluído).
- O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2021.
- O alumnado que o vindeiro curso esté matriculado en 5º de primaria non participará no Fondo Solidario de Libros de texto posto que formará parte do programa EDIXGAL. Sí deberán presentar solicitude no caso que desexen solicitar o cheque de material
-
O alumnado de 6º de Primaria que vai ao instituto deberá poñerse en contacto co Instituto de destino para a presentación da solicitude.