Chegou a semana de Entroido ao CEIP Os Casais. Durante toda a semana estivemos cumprindo os mandatos do Entroido que estaba situado na entrada do colexio. Un día mandounos levar os zapatos diferentes, ao outro algo no pescozo, o mércores algo pintado na cara e o xoves, ir en bata ou pixama. Algúns optaron polas dúas cousas. Foi unha semana divertida, pero foi dificultoso atender as leccións coas pintas que levabamos.