FONDO SOLIDARIO ADQUISICIÓN LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 24/25
FONDO LIBROS E AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR para o curso 2024-2025
O luns 20 de maio de 2024 publicouse no DOG a Orde da convocatoria de fondo libros, axudas para libros e material escolar.
Enlace a toda a información: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/
1.-FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: pode solicitalo o alumnado que vaia cursar 3ºe 4º de educación primaria (curso 2024-2025)
- Alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 6 LIBROS
- Alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 4 LIBROS
- Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%. 6 LIBROS, con independencia da renda.
2.- AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO: pode solicitaloo alumnado que vaia cursar 1º e 2º de educación primaria(curso 2024-2025)
- Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 240 €
- Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 160 €
- Alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%: 300 € con independencia da renda.
- Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o importe da axuda será o maior correspondente ao ensino e curso en que estea matriculado, con independencia da renda.
3.- AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR: Todo o alumnado de primaria (curso 2023-2024)
- Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000€: 75 €
- Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 60 €
- Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%: 75 €, con independencia da renda.
IMPORTANTE: O alumnado de 5º e 6º de primaria está excluído da participación no fondo de libros pola súa participación no proxecto E-DIXGAL, pero SI teñen dereito á axuda para adquirir material escolar.
*Información para o cálculo da renda pér capita da unidade familiar
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
PRAZODE PRESENTACIÓN DO 20/05/2024 ao 21/06/2024 incluídos
Preferiblemente,por vía electrónica mediante a sede electrónica da Xunta, cumprimentando o formulario dispoñible na aplicación FONDOLIBROS (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) e despois asinando e presentando a solicitude a través da Sede (é necesario escanar e presentar tamén o anexo II)
Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes PRESENCIALMENTE en horario lectivo
ou tamén se poderán enviar POR CORREO ELECTRÓNICO ao correo do centro (ceip.oruxidoiro@edu.xunta.gal) (A solicitude ten que estar ANEXADA COMO PDF non valen fotografías).
DOCUMENTACIÓN NECESARIA:
Unha única solicitude para todo o alumnado do mesmo centro docente,agás na presentacióntelemáticana que será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno/a:
- Anexo I
- Anexo II- Autorización dos membros da unidade familiar distintos do solicitante.No caso da presentación pola Sede electrónica, este anexo unha vez cuberto deberásubirse a sede.
- Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables.
- En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
- Certificado do grao de discapacidade.
- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar,en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titor ou titores carezan de DNI e NIE.