Skip to Content

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO 2023/2024

 A partir do 1 de marzo comeza o prazo para realizar a solicitude de praza para o vindeiro curso.

 

INSTRUCIÓNS

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN1 ao 20 de marzo de 2023, ambos incluídos.

 

- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Solicitude segundo o modelo ED550B - Anexo II + Anexo II-bis.
  • Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a(fotocopia do DNI do alumno/a ou fotocopia do libro de familia)
  • Certificado oficial do expediente académico (alumnado de primaria).
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.
  • Para acreditar o criterio “Familia monoparental” deberá presentarse a certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia ou da autoridade competente doutras administracións públicas.

 

 - LUGAR DE PRESENTACIÓN:

 1.- A través da aplicación admisionalumnado

 2.- Na secretaría do centro

 A solicitude de admisión de alumnado poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillas/os comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. Nos demais casos requírese a sinatura das dúas persoas titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a unha delas con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero.

 

 

DATAS DO PROCESO DE ADMISIÓN

 -  Publicación das listaxes provisionais: ANTES DO 25 DE ABRIL

 - Reclamación ás listas provisionais: 5 días hábiles a contar desde o día   seguinte ao da publicación.

 - Publicación das listaxes definitivas: ANTES DO 15 DE MAIO

 - Formalización de matrícula: DO 20 AO 30 DE XUÑO

IMPORTANTE: A publicación das listaxes provisionais e definitivas realizarase exclusivamente nos taboleiros situados no interior do centro, conforme a Lei de Protección de datos, así como a través da aplicación web admisionalumnado os interesados

AdjuntoTamaño
ED550B-G_Admisión_Alumnado.pdf1.38 MB


contido | by Dr. Radut