CHEGOU A PRIMAVERA
Con moita forza e moitas ganas chegou a primavera ao Ruxidoiro, o que se nota no noso horto onde todo comeza a brotar. Os nosos pequenos cultivaron tres tipos de plantas: bulbos, sementes e esgallos.
Todo foi para adiante, e nesta pequena montaxe queremos ensinarvos o noso horto inclusivo e o noso xardín escolar. Xuntos pasamos moi bos momentos: axudámonos, animámosnos e colaboramos co resto de compañeiros e compañeiras do centro.
Esperamos que vos guste!