O pasado 25 de novembro celebramos o día contra a violencia de xénero.
Para esta ocasión, decidimos partir dunha bolboreta,pero eran bolboretas especiais, posto que cada unha tiña cara humana!
A cariña das nosas e dos nosos nenos!!
Decoráronas e ao final da xornada, pousámolas e pegámolas nunha árbore representando a árbore da nosa vida, e é que @s nen@s de Ortigueira gritamos que a violencia non ten cabida, na árbore da nosa vida.