Skip to Content

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

FESTA DE SAMAÍN 2015

Hoxe tivemos unha celebración estupenda de Samaín, cun altísimo valor educativo, destacar o feito de que os nenos coñeceron as tradicións relacionadas con esta festa, manipularon e realizaron manualidades coas cabazas (aspecto altamente educativo), fixeron un mural e cooperativamente participaron na festa, decoraron o centro e desfrutaron das castañas coma menú típico deste día, asadas na nosa escola coma sempre, aproveitando os impresionantes exteriores naturais que temos e que tanto favorecen a aprendizaxe.

Biblioteca terrorífica¡

Collage do Samaín

Asamos as castañas fóra¡

Pasamos polo túnel do terror, que medo¡

Comemos castañas e xogamos mogollón¡

Concurso e exposición de cabazas¡

E os papas participáchedes tan ben coma sempre. Sodes os mellores¡

 

Somos centro Voz Natura.

Acabamos de ser selecionados para o vindeiro curso escolar 2015/16 coma centro Voz Natura para o noso proxecto HORTO ESCOLAR NO CEIP O RAMO, podedes consultar a convocatoria neste enlace. O vindeiro curso ademais de coma actividade extraescolar de horto contaremos en ciencias naturais co apoio da organización, materiais e comité científico que La Voz de Galicia, pon a disposición dos centros que forman parte desta rede.

Celebración do Maio

Como todos os anos dende o CEIP O Ramo facemos homenaxe ao Maio cunha ofrenda floral elaborada por todos os nosos nenos. As frores decoran a nosa escola celebrando a consolidación da primavera e o inicio dun novo cambio temporal con moita forza e ánimo para encauzar a recta final deste curso que inicia o seu fin...

 

Este ano, de acordo co noso proxecto de plástica e de biblioteca, relacionamos a celebración do maio coa homenaxe ao estilo do autor Keith Haring

Campaña pola seguridade vial

Hoxe levamos a cabo unha actividade sobre Educación Vial no parque de formación vial de Barallobre. Fomos escollidos polo concello e a DGT para unha actividade formativa na que ademais de aprender moitisimo, puidemos contar co asesoramento e resolución de dúbidas da xefa provincial de Tráfico, María Victoria Gómez Dobarro  o o capitán do subsector da Garda Civil da Coruña, Jesús del Río  o noso Alcalde, Gumersindo Feal, o Xefe da Policía Local de Fene e a Concelleira de Educaciòn, Juana Barro Couto.
Posteriormente enviamos unhas mensaxes sobre a importancia da Educaciòn e a seguridade vial, e fixemos unha solta de globos celebrando a xornada.

Destacar que esta actividade está promocionada, entre outras institucións pola ONU, da cal fomos escollidos para participar, o aprendizaxe foi interesantísimo, vendo a importancia de gardar as normas e ser consciente da seguridade vial coma conductores (coche, bici...) e coma peóns.

 

FESTA DE SAMAÍN 2015

Hoxe tivemos unha celebración estupenda de Samaín, cun altísimo valor educativo, destacar o feito de que os nenos coñeceron as tradicións relacionadas con esta festa, manipularon e realizaron manualidades coas cabazas (aspecto altamente educativo), fixeron un mural e cooperativamente participaron na festa, decoraron o centro e desfrutaron das castañas coma menú típico deste día, asadas na nosa escola coma sempre, aproveitando os impresionantes exteriores naturais que temos e tanto favorecen a aprendizaxe.

Biblioteca terrorífica¡

Collage do Samaín

Asamos as castañas fóra¡

 

CHARLA DA GARDA CIVIL SOBRE OS PERIGOS DA INTERNET PARA OS NOS@S NEN@S

Hoxe tanto os nenos de 5º e 6º de Primaria pola mañá, coma os mestres do CEIP O Ramo pola tarde, e na súa totalidade, tivemos curso de formación sobre os perigos da internet, para estar alerta e poder axudar aos nosos nen@s e asesorar as familias. Foi moi enriquecedor e ilusionante poder aprender cousas novas da man da Garda Civil a través do seu Plan Director.

 

 

EXPOSICIÓN PICASSO

Tod@s @s nen@s do colexio fomos a Fundación Caixa Galicia a ver a exposición "Suite Vollard" de Picasso. Aquí descubrimos a súa faceta como gravador e coñecimos a súa aficción de pintar touros e minotauros.


 



SEMANA DA CIENCIA.

Durante esta semana celebramos no colexio a semana da ciencia na que se farán distintos tipos de experimentos; para comezar  Sherlock Holmes , Watson e o rei Alfonso X propuxéronlles ós mestres/as unha serie de retos que teñen que cumprir ó longo da semana.

     

Distribuir contido


by Dr. Radut