COMUNICACIÓN FAMILIAS
Estimadas familias:
Informámosvos que no novo protocolo educativo, os casos positivos entre o alumnado menor de 12 anos, non xerarán contactos estreitos na aula. Deste xeito ningunha compañeira ou compañeiro gardará coarentena (salvo casos excepcionais: inmunodepresión..).
O centro enviará unha comunicación a través de ABALAR, informando do caso positivo e recomendando a vixiancia na posible aparición de síntomas, extremar as medidas de precaución.
Ademais disto, o SERGAS ven de enviar aos centros, un número limitado (25% do alumnado de Educación Primaria) de test rápidos de antíxenos en saliva, para repartilos entre os contactos (aulas, comedor), e que cumpra estes requisitos:
- Alumnado de Educación Primaria (6 a 11 anos).
- Non atoparse en situación de illamento por ser caso confirmado de COVID-19.
- Non atoparse en situación de corentena por ser contacto estreito dun caso confirmado.
- No ter padecido COVID-19 nos tres meses anteriores.
Para poder repartir o test entre os contactos máis próximos , o caso positivo ten que estar cargado pola CENTRAL DE SEGUIMENTO DE CONTACTOS en EDUCOVID ( a aplicación que rexistra os casos positivos que se dan entre o alumnado e o profesorado do centro). A CSC só pode cargar os casos dos que ten comunicación oficial, é dicir que cando as vosas fillas ou fillos den positivo nun autotest feito na casa, tedes que comunicalo:
- Chamada telefónica ao 881 54 00 45
- Cubrir o formulario na web do sergas neste enlace:
https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Autodeclaracion-caso-sospeitoso-COVID
A realización destes test é voluntaria e tedes as instrucións de uso no documento
PROTOCOLO PARA A DETECCIÓN DE INFECCIÓN POLO SARS-COVID-2 CON TEST RÁPIDO DE ANTÍXENO EN SALIVA EN CENTROS DE EDUCACIÓN PRIMARIA
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protocolo_cribado_antixeno_educacion.pdf
pax 6-9
Moitas grazas pola vosa colaboración