FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2024-2025

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

(EDUCACIÓN PRIMARIA) 2024-2025

 

CONVOCATORIA

 

Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto  e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

 DESTINATARIOS

Fondo solidario de libros: alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria

 Axudas para adquirir libros de texto: alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria

 Axudas para adquirir material escolar: alumnado de 1º a 6º de Educación Primaria

 

 PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Do 21 de maio ata o 21 de xuño de 2024, incluídos.

 

DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA

 Cubrir os ANEXOS I e II nesta ligazón.

Copia do LIBRO DE FAMILIA ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

Copia do DNI/NIE/pasaporte de todos os membros computables da unidade familiar.

Se é preciso, xustificación de discapacidade, violencia de xénero, acollemento, sentenzas de separación ou divorcio...

 

 PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Como di a orde, as solicitudes deben presentarse preferentemente por vía electrónica  no formulario normalizado (ED330B – anexo I e II) disponible na aplicación fondo libros  https://www.edu.xunta.es/fondolibros a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ,  https://sede.xunta.gal

Tamén pode ser entregada presencialmente no centro segundo o indicado: Opcionalmente e cando non sexa posible presentar as solicitudes de xeito electrónico, poderán presentarse presencialmente no centro seguindo estas instrucións:

 

Deben vir nos días do calendario establecidos, segundo o curso ao que pasan e en horario de 9´00h –9´40h. ou de13´15h.-13´55h. NON SE RECIBIRÁ NOUTRO DÍA (avísenos para concertar outra cita no caso de non poder vir nestes días por motivos xustificados).

 

 

LUNS 20

MARTES 21

 

MÉRCORES 22

Entrega de anexos ás familias que non poidan imprimilos

XOVES 23

Entrega de anexos ás  familias que non poidan imprimilos

VENRES 24

Entrega de anexos ás  familias que non poidan imprimilos

LUNS 27

Entrega de solicitudes no centro no caso de non facela por sede electrónica

1º e 2º

MARTES 28

Entrega de solicitudes no centro no caso de non facela por sede electrónica

MÉRCORES 29

Entrega de solicitudes no centro no caso de non facela por sede electrónica

             4º

XOVES 30

Entrega de solicitudes no centro no caso de non facela por sede electrónica

VENRES 31

Entrega de solicitudes no centro no caso de non facela por sede electrónica

LUNS 3

Entrega de solicitudes no centro no caso de non facela por sede electrónica

ALUMNADO NOVO

MARTES 4

 

MÉRCORES 5

 

XOVES 6

Corrección de erros e tarefas administrativas por parte do centro

VENRES 7

Corrección de erros e tarefas administrativas por parte do centro.

 

 

 

 

VENRES 14

Devolución de libros de texto do presente curso agás 1º-2º EP

 

Na páxina web do centro e a través de Abalar se informará das datas de publicación das listas provisionais e definitivas de admitidos e excluídos así como das datas de recollida de vales.

A entrega de libros do fondo se fará a principios do vindeiro curso 24-25.

 

A publicación das listas provisionais e definitivas de admitidos e excluídos estará exposta no taboleiro de anuncios do centro.

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet